InicioPOLÍTICAO PP acusa á Inés Rey de "abdicar" no edil Lage Tuñas...

O PP acusa á Inés Rey de “abdicar” no edil Lage Tuñas ao “cederlle” a xestión dos asuntos “estratéxicos”

Publicada o

Por europapress

Este luns, Inés Rey vén de asinar un “Decreto de Ordenación e impulso aos proxectos estratéxicos da cidade para o mandato 2023-2027”. Un Decreto no que ratifica a renovación da estrutura de goberno feita pública en xuño,  na que área de proxectos estratéxicos recaeu en José Manuel Lage.

Deste xeito, a meirande “competencia/responsabilidade” en proxectos tan importantes como o Plan estratéxico 2030-2050, o Desenvolvemento da fachada marítima, a AESIA, o Mundial 2030, a definición do servizo de transporte público da cidade, o desenvolvemento irbanístico de Visma ou das Xubias, a reforma dos mercados ou o modelo de tratamento de lixo (Nostián), recaen no edil que máis polémicas ten protagonizado nesta lexislatura.

foto MIGUEL LORENZO decreto abdicación 25-09-24
Miguel Lorenzo en rolda de prensa esta mañá

Para o PP, esta decisión da rexedora socialista, Inés Rey, é semellante á “abdicar” das súas funcións e “cederllas a un novo alcalde”, no que volve a reacer a “concentración de poder” no portavoz e concelleiro Economía e Planificación Estratéxica.
“Preocúpanos que este concello teña 11 concelleiros e todas as competencias póñanse no señor Lage Tuñas”. “Que pasa cos demais”, preguntouse o edil do PP, que confirmou que levarán este asunto a pleno a través dunha pregunta oral.

Lorenzo lamentou que toda a responsabilidade recaia “nun concelleiro que demostrou a súa incompetencia na xestión neste concello”, lametando o retraso na meirande parte dos proxectos sinalados (o tratamento de lixo leva 5 anos sen renovar o contrato).

Dende o Concello entenden que “a estrutura de goberno fíxose pública hai meses, con José Manuel Lage á fronte dos proxectos estratéxicos. O lóxico é que se faga cargo deles xa que para iso foi designado. E tal e como di o decreto, a coordinación destes proxectos farase por suposto coa colaboración dos concelleiros responsables de cada unha das áreas ás que afecta”.

Máis novas

Así é a nova estrutura, por barrios, do goberno coruñés

O PP volve acusar a Lage Tuñas de “mentir” no pleno: “O problema son as obras que xa están feitas”

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...