InicioCULTURAAs salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do...

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta fin de semana o peirao de Batería acolle o festival Noites do Porto, cos concertos de  Delaossa, Baiuca e Carlangas como grandes reclamos. Pero é que este ano, o festival promovido por Masgalicia e moi respaldado polas administracións, quixo extendelo implicando ás salas e nos bares da cidade.

Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo © Andrea Sánchez 3
Alina Bzhinshezka & Tony Kofi Duo no Jazz Filloa © Andrea Sánchez

A primeira parte da semana transcorreu no pequeno Jazz Filloa. Un dos espazos máis míticos da música coruñesa, acollía dúas citas. O luns eran Alina Bzhezhinska & Tony Kofi Duo os que homenaxeaban a Pharoah Sanders. A arpista ucraína, ao comezo da primeira actuación e tras unha breve presentación musical, agradeceu aos asistentes a súa presenza “por xerar un ambiente tan especial nun recinto tan ‘chulo’ con 44 anos de historia”, como é o Jazz Filloa.
Para pechar, Alina e Tony sorprenderon ao público interpretando After The Rain, de John Coltrane, para celebrar que este luns día 23 o recoñecido artista estadounidense celebrase o seu 98 aniversario.

20240924 Rocío Luna en Noites do Porto © Andrea Sánchez 2
Rocío Luna nas Noites do Porto do Filloa © Andrea Sánchez

O martes, coas entradas agotadas rapidamente, o jazz deu paso ao flamenco coa cordobesa Rocío Luna, aclamada como “a nova perla do flamenco” entre a crítica especializada, que chegou acompañada do guitarrista Francis Gómez.

A pasada noite de mércores o festival desprazouse a outra das salas importantes da cidade, o Garufa. Abría a xornada o mítico cantautor e bluesman herculino Néstor Pardo, cun concerto, en solitario pero entre amigos que enchían a sala, de blues crú, que remataba a contracorrente cunha rancheira adicada á Coruña máis cascarilleira.

A bomba chegou con La Perra Blanco. Menuda guitarrista pasou por Coruña. A gaditana puxo a bailar a toda a sala co seu rockabilly tremendamente cañeiro, e cunha pose e unha entrega dignas de auténtica rockstar. Acompañada por Jesús Vázquez, se cadra o mellor batería de rockabilly de España; Ivan Kovaceciv, o contrabaixista serbio que substituía ao habitual Guillermo González; e Gerart Vercher, con espectaculares aparicións ao saxo e aos teclados, teñen un “produtazo” para incendiar cada sala do estado e para levantar calquera festival.

A corda rota da guitarra da artista e o baile do tupé do contrabaixista deron boa conta da candela que se viviu na sala.

O xoves, as ‘Noites nos Bares’ e nas Salas

A cervexería Malte da Praza das Atochas acollerá este xoves outra xornada de ‘Noites nos Bares’, un programa posto en marcha este ano por Noites do Porto que dá continuidade á actividade musical e a expande polos locais de hostalería da cidade a través de sesións de DJ. A partir das 23:00 horas, o público poderá gozar de DJ Marcus Harris, residente no White Heat Club de Londres, con acceso gratuito ata completr aforo.

Tamén toca esta noite unha das bandas sensación do momento, Alcalá Norte na Garufa, pero as entradas levan agotadas meses. A viguesa La Toñi será a teloneira cunha proposta que se move entre o indie sleaze e o electropop.

Venres de sala e Batería

O venres estréase o peirao nas Noites do Porto. Pola noite, o peirao de Batería acollerá o debut na Coruña dunha das voces máis destacadas do panorama rap, Delaossa.

E paralelamente, a sala Inn Club será o escenario no que Bala, que publica o videoclip de Ouveo, presentará por primeira vez, en directo e en directo, o seu último LP: Besta.

Ademais, a A Barbería (Orzán, 15) acollerá tamén o venres unha nova xornada de ‘Noites nos Bares’. A partir da medianoite, o público poderá gozar dunha sesión do máis ecléctica e bailable grazas aos vinilos da británica Melanie Xulu (fundadora e editora da revista de arte e música psicodélica MOOF) e Sofia of Africa. acceso será gratuíto ata completar aforo;

Sábado de peirao

Batería acolle a xornada central do festival, coa visita de Baiuca e Carlangas y Los Cubatas.

As sesións sabatinas das Noites nos Bares serán en horario vermú en La Mar Salada, e pola noite no Bristol, con Jeff Higgins.

Domingo, peche na Mardi

E para a xornada de peche, o festival aposta pola Sala Mardigras, que recibirá a Bernard Butler.

Todo, con aínda algunha entrada á venda en noitesdoporto.com.

Cartel Noites no Porto Coruña 2024

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros maniféstanse en contra dos recortes no colexios

Ducias de persoas participaron esta tarde na concentración organizada polas ANPAS dos CEIP Juana...

Este xoves redúcense as afectacións ao tráfico na avenida de Alfonso Molina

As afectacións ao tráfico na avenida Alfonso Molina, na Coruña, reduciranse a partir do...

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Un incendio de “moita intensidade” que afecta a un taller en Cambre mobiliza os bombeiros de Arteixo, A Coruña e Betanzos

Bombeiros desprazáronse este mércores ao polígono do Amorne, no municipio coruñés de Cambre, para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here