InicioPOLÍTICAAs diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para...

As diferentes opinións de PSOE e BNG sobre a primeira reunión para negociar os orzamentos de 2025

Publicada o

Por editor

O Comedor Abelenda do Palacio Municipal de María Pita acolleu esta mañá de luns 30 de setembro a primeira reunión “formal” para a negociación dos Orzamentos Municipais de cara ao vindeiro ano 2025, na que participaron unha representación do Goberno municipal e o equipo designado polo BNG.

Pero as conclusións trala primeira reunión son diferentes. O que para o grupo de goberno a reunión “supón o primeiro paso de cara á aprobación duns novos orzamentos”, para o BNG “a negociación propiamente non se iniciou porque o goberno local ten que cumprir os acordos asinados” con anterioridade, sinalou en referencia aos compromisos asinados no Acordo de Investidura e no acordo dos orzamentos de 2024.

Así de claro se amosou o voceiro do BNG Francisco Jorquera, deixando en evidencia que “non tería credibilidade ningún novo acordo se previamente o que xa estaba acordado non se cumpre”.

O borrador

Precisamente, o acordo de investidura recolle que na primeira reunión co BNG, que debería celebrar en setembro, o Goberno Local entregaría un borrador das contas para o próximo exercicio. “Mais esa entrega non se produciu. Non temos ningún borrador. O que fixeron foi comentarnos as grandes liñas que, ao seu xuízo, deberían contemplar os vindeiros orzamentos. Pero iso non é un borrador”, precisa Jorquera, que lembra que pediu xa hai tempo un informe sobre o grao de execución dos orzamentos vixentes, unha das críticas nas que sempre incide tamén o PP.

ÚLTIMAS

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

Tivo lugar, finalmente onte, xoves 5 de febreiro, tras varios atrasos, a importante reunión...

A profesora da Universidade da Coruña recibe o Colin Bell Award 2026 da Universidade de Cambridge

A profesora Cristina Branco Sío-López, da Universidade da Coruña, foi galardoada co Colin Bell...

Sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada na Coruña, convocados a unha nova reunión o luns

Novo proceso de negociación ábrese despois que os traballadores rexeitasen o preacordo ao que...

O Rasca Platinum da ONCE deixa na Coruña o seu premio maior dun millón de euros

A cidade da Coruña foi escenario do premio maior do Rasca Platinum da ONCE,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here