InicioDEPORTESO Básquet Coruña xa fai lenda

O Básquet Coruña xa fai lenda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Fagamos lenda” reza a campaña de promoción do Basquet Coruña durante este verán pola cidade. E lenda foi o que protagonizaron onte os xogadores do equipo laranxa. Lenda é a que recordarán as 9.300 persoas que ateigaron o Coliseum na histórica estrea do Leyma na ACB, e que dentro de 30 anos lembrarán canto cantamos “Barca, Madrid, xa estamos aquí”, como fixeramos en Riazor a comezos dos 90.

Nin un guionista de netflix imaxinaría un final coma o da primeira vitoria da historia do Leyma na ACB. Unha tripla con tiro libre de Barrueta a 2 segundos do final, e unha boa defensa sobre o eterno Llul, permitiron á cidade gozar dunha vitoria pola mínima (86-85) ante todo un Real Madrid. Todo baixo un ambiente excepcional, inmellorable, que lembra ás mellores ocasións da Copa

Ao longo do partido o Madrid parecía que se escapaba fácil en varias ocasións, gracias, en parte, aos rebotes ofensivos dos Garuba ou Tavares. Pero o equipo laranxa non deixou de crer en ningún momento, gracias ao impacto positivo de cada xogador que ía entrando. A calidade de Taylor no “driblin”, os rebotes e os alleyoops de Diagne (sen dúbida o xogador máis querido por esta afección que o leva vendo crecer dende que chegou ao país), os pases e roubos de Huskic, as aparicións de Beka, os longos brazos de Figueroa, e as triplas de Jakovics, fundamentais para recuperar distancia cando o RM parecía que se marchaba ao comezo do terceiro cuarto.

Antu Diagne co Basquet Coruna
Antu Diagne

Chegaba o treito final, e a bancada comezaba a ruxir en cada ataque. Os xogadores do Madrid fallaban os tiros libres e Jakovis e Taylor, por primeira vez xuntos sobre a pista, mantiñan ao equipo no partido.

E chegaba o telón final, con 3 abaixo na última posesión. Taylor intentaba colarse para sacar o balón fóra para un Barrueta que, apenas 2 minutos fallaba unha trilpa só para case que empatar o partido, pero que nesta ocasión colou unha tripla sobre Musa, forzando a persoal e metendo ao equipo 1 arriba.
Quedaba o ataque rival, e como non, Llul, eterno especialista en convertir remontadas, colleu a pelota pero unha boa defensa coral sacaba o balón case de dentro.

Barrueta autor da canasta de ouro para o Basquet Coruna
Barrueta, autor da canasta de decivisa

Euforia no Coliseum, que volvía vibrar co Tsunami Laranxa antes da marcha dos xogadores aos vestiarios.

Parece que vén unha temporada moi bonita co equipo coruñés na máxima categoría do baloncesto estatal. A estrea, mellor imposible.

Basquet Coruna-Real Madrid 86-85

Epi

Fixo un repaso histórico polos 30 anos de historia o adestrador Diego Epifanio que quixo agradecer e felicitar a toda a familia laranxa antes de valorar o partido. Epi non esqueceu á afección e nomeadamente ao Tsunami laranxa!

No deportivo, o emocionado míster, que xa albiscara unha vitoria pola mínima, destacou a fe do equipo ata o final.

ÚLTIMAS

O proxecto Coruña Marítima celebra esta semana no Palexco tres talleres participativos sobre a transformación do porto

A Comisión Coruña Marítima -- integrada polo Concello da cidade herculina, Xunta de Galicia,...

A Semana do Cinema Galego pecha con máis de 300 espectadores diarios

A Coruña clausurou este fin de semana o V edición da Semana do Cinema...

A Coruña e toda Galicia quece unha nova velada por Palestina

Hoxe luns 31 de marzo, hai case 40 concentracións en todo o país para...

A APP Coruña centraliza os pagos e a info municipal deixando inoperativa a APP Millenium

O vindeiro martes 1 de abril deixará de estar operativa a APP Millennium Próxima,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here