InicioMOV. SOCIAISA campaña #Sinputerosnohayesclavas fai parada na praza de Lugo

A campaña #Sinputerosnohayesclavas fai parada na praza de Lugo

Publicada o

Por editor

Este xoves, de 10 a 12 horas, a furgoneta da ONG Betania fará parada na rúa Fonseca da Coruña para traer a súa crúa campaña #Sinputerosnohayesclavas. Subvencionada polo Ministerio de Igualdade, están percorrendo o país espallando patente este necesario discurso contra os grandes culpables da prostitución ilegal, que non son outros que os propios consumidores de prostitución, os puteros.

A campaña trata de concienciar, sensibilizar e previr a explotación sexual e a trata de mulleres e menores en España. Fano con esta furgo, transformadada nunha habitación de prostíbulo rodante, con luces de neón que resaltan na escuridade na que viven estas mulleres, e baixo as cales os puteros son cómplices dunha auténtica escravitude na meirande parte dos casos.

A través dun stand de sensibilización, onde reparten folletos informativos e interactúan coa veciñanza, fomentando a implicación social para denunciar aos cómplices das tramas.

Os consumidores de prostitución son pezas clave na ecuación da explotación sexual xa que sen demanda de prostitución a explotación sexual non existiría e a realidade é que os maiores consumidores de pornografía e prostitución son os homes. Hai homes que consideran que a súa satisfacción sexual é un dereito e por iso poden facer o que queiran co corpo dunha muller, consificándoa para iso”, explican dende a entidade.

As cifras

Segundo as cifras facilitadas polo Goberno, en España hai unhas 45.000 mulleres que exercen a prostitución, datos que se extraen do Informe do Centro de Intelixencia contra o Crime Organizado de 2012. Unha cifra que podería ter disminuído ata as 25.000 nesta década, se ben non existen cifras oficiais que permitan facer unha análise concisa desta lacra social na que o noso país é un dos maiores consumidores do mundo.

Betania

Contra este silencio extremo no que sobrevive o “putero”, a entidade, nada en La Línea de la Concepción en 2011, leva rescatadas a 1.000 mulleres de situacións de trata ou explotación sexual.
Para conseguilo, as traballadoras realizan labores de detección de prostíbulos, a maioría deles clandestinos, nos que van gañando pouco a pouco a confianza das mulleres para, por fin, convencelas de que abandonen a situación de trata e conseguir que denuncien aos seus captores. Unha vez rescatadas, estas mulleres pasan polos recursos residenciais protexidos, a salvo das redes mafiosas que as mantiñan cativas, e comeza o seu proceso de recuperación.
Un proceso no que o apoio psicolóxico é fundamental. Ademais de sufrir explotación sexual, moitas sufriron malos tratos físicos e psicolóxicos, chegando incluso a ser toxicómanas tras verse obrigados a consumir drogas con clientes. Situacións que deixan importantes consecuencias nestas persoas e que, con moita paciencia, moito coidado e moita profesionalidade, o noso equipo de psicólogos consegue curar ata que estas mulleres recuperen a súa confianza e saúde.
O proceso continúa coa orientación e formación laboral, axudándolles a atopar un emprego digno e posibilitando que volvan vivir a súa vida, esta vez en plena autonomía.

Novas relacionadas

Liberadas tres vítimas de explotación sexual na Coruña obrigadas a exercer todos os días

Desarticulan unha organización que captaba mulleres para explotación sexual en Brasil, con vítimas na Coruña e Lugo

Unha operación con Colombia desarticula unha rede que obrigaba a mulleres a prostituírse cun piso franco en Arteixo

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here