InicioSOCIEDADEA Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Publicada o

Por Amanda Ferpe

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das cidades como mercado tensionado. Así o apuntou a alcaldesa herculina, Inés Rey, en declaracións aos medios, e manifestárono a Europa Press desde o goberno local de Santiago.

Rey asegurou que é a Xunta “quen dispón dos datos” e que no seu caso están a esperar que lles remita a información sobre “os demandantes de vivenda”.

“Tenos a Xunta e pedir”, manifestou a rexedora quen considerou que non hai “vontade” por parte da Administración galega de “cumprir coa lei de vivenda”. Ademais, dixo que, unha vez que estuden os datos, determinarán “se podemos declarar zona tensionada a cidade ou algúns barrios”.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, ratificou que o concello non solicitou formalmente a declaración de mercado tensionado “porque o diagnóstico da situación” que encargaron “aínda non está feita”, fixando o prazo para que o estea a finais deste ano ou principios de xaneiro.

“Toda esta documentación justificativa que asume o concello e outros concellos debería facela a propia Xunta en base á lei de dereito á vivenda por ser a administración competente”, aseverou. Tamén considerou que debe incorporarse a esta lei a regulación de prezos do arrendamento de tempada “para que non funcione como unha vía de escape”.

En relación a este tema, a conselleira de Vivenda, María Martínez, manifestou o xoves que a lei estatal “leva máis dun ano de vixencia e os resultados demóstrano, non só diminúen as vivendas en aluguer senón que aumentan os prezos en aluguer”.

“Se algún concello solicítao e cumprimenta as condicións non nos queda máis que acatar”. “Iso si, recorremos a norma estatal proque considerámola inconstitucional por invadir competencias”, recalcou.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here