InicioA CORUÑAO CHUAC realiza 10 enxertos de órganos sólidos en 36 horas co...

O CHUAC realiza 10 enxertos de órganos sólidos en 36 horas co equipo de transplantes

Publicada o

Por europapress

O equipo de transplantes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) realizou 10 enxertos de órganos sólidos nas últimas 36 horas. Os órganos trasplantados procedían de dous doantes.

Segundo explican nun comunicado, os transplantes realizados polos profesionais do CHUAC foron catro enxertos renais, dous enxertos hepáticos, tres pulmonares e un cardíaco. Destas operacións, 10 pacientes víronse beneficiados.

No comunicado sinalan que a isto hai que engadir a actividade ordinaria nos quirófanos do CHUAC, que non se viu alterada, “podendo cumprir coa programación diaria establecida”, e ademais asumir a carga asistencial e loxística que supón a realización de 10 enxertos de órganos sólidos en menos de dúas xornadas.

Destacan tamén que este labor non sería posible sen a implicación dos máis de 200 profesionais que estiveron traballando para que este traballo tivese éxito.

“Todo iso grazas aos equipos multidisciplinares que forman urólogos, cirurxiáns xerais, cardíacos e torácicos, así como nefrólogos, hepatólogos, cardiólogos, neumólogos e anestesistas, ademais do persoal que traballa nas unidades de reanimación e coidados intensivos, sen esquecer ao persoal de enfermaría e servizos xerais do CHUAC”, remarcan.

Conclúen asegurando que, con estes 10 novos enxertos, a actividade trasplantadora do hospital alcanza unhas cifras globais “moi elevadas”, “mantendo o alto nivel de anteriores anos”.

ÚLTIMAS

A Coruña insta á Xunta a actuar fronte ao mercado tensionado do alugueiro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu á Xunta un marco xurídico sobre o...

A hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

Despois da resposta masiva acadada na concentración convocada pola Hostalería coruñesa realizada diante do...

O Pazo de Meirás declarado Lugar da Memoria Democrática

O Goberno estatal vén de publicar hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) o...

A Escola Coruña de Senegal xa ten paneles solares gracias á ONG Ecodesarrollo Gaia

Emocionante visita a que realizaron entre 18 ao 26 de agosto, un grupo de...