InicioBARRIOSA veciñanza da Agra do Orzán volve saír á rúa para reclamar...

A veciñanza da Agra do Orzán volve saír á rúa para reclamar o seu Parque

Publicada o

Por editor

Volve a rúa a veciñanza do barrio da Agra do Orzán para reclamar o Parque da Agra no Campo da Burra. A Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” convoca unha manifestación que sairá dende a Praza das Cunchiñas, para o xoves 7 de novembro, ás 19:00 da tarde.

Pasan os meses, pasan os anos, de feito, xa máis de 50, como denuncian, e os diferentes gobernos municipais levan deixando un barrio de 30.000 habitantes sen zonas verdes. Nin sequera foron capaces de tumbar o muro da rúa Canceliña, que separa os terreos do Observatorio Meteorolóxico.

“Vai para 50 anos que os gobernos municipais do momento entenderon que quen tiñan que deseñar o barrio eran os especuladores. Ata cando imos seguir soportando que pasen de nós?” denuncian nun comunicado.

Lembran que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda, entre 10 e 15 metros cadrados por habitante, mentres que a poboación do barrio da Agra conta a día de hoxe 1 cm2 por habitante, e o que Parque chegará a 0’5 metros cadrados por habitante. “Realmente precisaríamos máis de 300.000 metros cadrados de espazos verdes”, demandan.

Ademais da concentración do 7 de novembro, a Asociación seguirá baixando á praza de María Pita todos as mañás dos primeiros xoves de mes, invitando á veciñanza a participar nestas accións.

Así recollen a problemática dende NósTV

Máis novas

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

A veciñanza da Agra do Orzán volve á rúa ante a “inoperancia” do Concello co Parque da Agra

ÚLTIMAS

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

O Consello da Xunta acaba de anunciar que a Torre de Hércules xa conta...

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a...

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

Rematou unha nova edición do Festival Mar de Mares e fíxoo co xesto máis...

Un curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Ademais da marea xerada nos últimos tempos coas carreiras populares, poucas actividades reúnen tantas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here