InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOConclúen os traballos de restauración do monumento a Alexandre Bóveda na praza...

Conclúen os traballos de restauración do monumento a Alexandre Bóveda na praza de Xosé Toubes

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña concluíu esta semana os traballos de restauración do monumento a Alexandre Bóveda, localizado na praza de Xosé Toubes. Ademais das actuacións previstas no proxecto de restauración, o Goberno de Inés Rey acondicionou a contorna cunha nova superficie axardinada ao redor do Monumento, co obxectivo de polo en valor.

O monumento, obra do artista Francisco Pérez Porto, inaugurouse no 2008 en homenaxe ao intelectual e referente galeguista coa celebración dun acto público no que participaron numerosas persoas recoñecidas do mundo da cultura galega. Pérez Porto, natural de Fene e colaborador en Sargadelos desde o ano 1984 con Isaac Díaz Pardo, conta con intervencións destacadas como a creación dos elementos sinalécticos do Camiño Francés en Galicia, de Pedrafita a Santiago.

A escultura restaurada presentaba pequenas patoloxías como acumulación de depósitos de po e suciedade ou adherencia de líquenes, froito da súa localización ao aire libre, así como pintadas ou elementos faltantes. O Concello da Coruña acometeu unha limpeza integral da peza e reintegrou os elementos inexistentes. Ademais, acondicionou e pintou a base-peana e recuperou a gama cromática orixinal.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...