InicioSUCESOSSete detidos nun operativo antidroga en Arteixo

Sete detidos nun operativo antidroga en Arteixo

Publicada o

Por editor
A Garda Civil ha despregado este mércores un operativo de loita contra o tráfico de drogas a pequena escala no municipio de Arteixo que, polo momento, saldouse con sete persoas detidas. Segundo avanzaron fontes policiais, a actuación tivo lugar en Meicende e, ademais das detencións, realizouse un rexistro nun ‘narcoedificio’.
No rexistro participaron, entre outros, efectivos da unidade canina e, tal e como apuntaron fontes coñecedoras da investigación, entre o material intervido, os axentes leváronse unha catana. A subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, confirmou que os rexistros –que se daban por finalizados a media mañá– estendéronse a varias vivendas e que o operativo está baixo secreto de sumario.
Ata o momento non transcenderon máis datos desta actuación policial, coordinada desde o xulgado de instrución 7 da Coruña. Con todo, segue aberta e non se descartan máis arrestos, segundo sinalaron fontes da Garda Civil. María Rivas explicou que este dispositivo forma parte do traballo conxunto coa Policía Local, un traballo “continuado” dos últimos meses.
“Somos moi conscientes da preocupacion dos veciños da zona, pero como xa lles dixemos, a Garda Civil nunca baixa a garda”, apuntou a subdelegada do Goberno. Finalmente, lembrou que “este tipo de investigacións levan os seus tempos”, e insistiu en que “o buenhacer e a profesionalidade” deste corpo policial permite levar a cabo operacións como a desenvolvida este mércores.

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...

As VTC volverán copar o pleno

A nova mobilización dos taxistas da pasada semana volve traer á actualidade a problemática...

A CRMH esixe a Defensa que retire o nome do xeneral Juan Yagüe dunha sala da Capitanía da Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) dirixiu un escrito ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here