InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

Publicada o

Por europapress

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de 40 placas de latón —20 en galego e 20 en castelán— en distintos puntos da Mariña e O Parrote, en terreos portuarios que están abertos ao uso público, destinadas a “concienciar á poboación sobre a importancia de coidar o medio mariño”. Así o manifestou o presidente da entidade, Martín Fernández Prado, na presentación este mércores da primeira delas.

Co lema ‘Non arroxes nada. O mar empeza aquí‘, o obxectivo desta iniciativa, explicou, é lembrar á cidadanía que moitas das rejillas e sumidoiros do pavimento desembocan directamente no mar, polas canalizacións de augas pluviais, e que, por tanto, calquera residuo arroxado a elas acaba contaminando o ecosistema mariño.

“É compromiso de todos, a xente en moitos casos é inconsciente, conscientemente non o fai ninguén”, destacou Fernández Prado. “Cada cabicha, envoltorio ou residuo sólido ou líquido que se tira ao chan pode terminar no mar, con estas placas queremos lembrar que o mar empeza moito máis preto do que moitas veces pensamos”, recalcou.

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....