InicioA CORUÑAAs VTC volverán copar o pleno

As VTC volverán copar o pleno

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A nova mobilización dos taxistas da pasada semana volve traer á actualidade a problemática cos vehículos de transporte con condutor. Uns VTC (xa operan Uber, Cabify e Bolt) que teoricamente só poden facer viaxes interurbanas, entre concellos diferentes.

Coa Xunta lavando as mans e deixando a papeleta no tellado municipal, o goberno xa se comprometeu no pleno de xaneiro a afrontar unha nova ordenanza. Con este panorama e tendo en conta que c, omo lembraba o PP; o goberno esqueceu incluír esta problemática na ordenanza de mobilidade aprobada o pasado mes de setembro, os partidos políticos apretan de novo ao goberno municpal no pleno do vindeiro xoves 9 de abril.

A postura do PP sobre as multas

O Partido Popular (PP) presentou unha pregunta oral para saber por que a policía municipal non está a sancionar os servizos de transporte por conta allea que incumpren a normativa. “Os taxistas pregúntanse por que a policía local non impuxo ningunha multa aos servizos de transporte por conta allea que incumpren a normativa. Ven demasiada inacción por parte do goberno municipal e non a entenden”, di Miguel Lorenzo.

O voceiro lembra que “a Xunta enviou ao concello 245 multas para 2025, das cales o goberno municipal só notificou 36, e algunhas empresas afirman non ter recibido ningunha. Algo estraño está a pasar coas multas”.

Sinala que as protestas dos taxistas son por unha única razón: “que se cumpra a normativa”. Neste caso, afirman que os servizos de transporte por estrada non poden funcionar en zonas urbanas, que se deben reservar con polo menos 15 minutos de antelación e que non poden recoller pasaxeiros nas paradas de taxi.

A postura do BNG

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, vaille dirixir unha pregunta oral a Inés Rey: “Cal é o interese de Inés Rey en legalizar os VTC na Coruña?”. “A pregunta dirixímoslla directamente a Inés Rey. Está claro que algún interese ten. Unha e outra vez, Inés Rey di que hai que legalizar os VTC e que son necesarios na cidade da Coruña”, afirma a nosa concelleira.

A opinión do BNG é contraria. “O noso interese é o de defender o sector do taxi, que é un servizo público, e que afronta a competencia desleal dos VTC [vehículos de transporte con condutor]. Se o servizo do taxi ten déficits, o que nos cabe ás administracións públicas é pór os medios para mellorar a súa situación e non darlle entrada na nosa cidade, e normalizar, a presenza de Cabify, Uber e Bolt”.

Veira chama a que non se incumpra a Ordenanza Municipal de Mobilidade -negociada polo Goberno Local co BNG- e a que non se conculque “constantemente” a lei autonómica “que establece con clareza que os VTC non poden realizar viaxes urbanas”, isto é, que se debe limitar ao transporte interurbano. A insistencia de Inés Rey en legalizar os VTC contrasta coa súa falta de interese á hora de impulsar o novo servizo de bus urbano na Coruña [o actual contrato, xa caducado, foi prorrogado durante dous anos, sen introducir melloras]. “Esa si que sería unha medida efectiva para afrontar os problemas de mobilidade que temos na Coruña e, desde logo, un bus urbano que responda ás necesidades das coruñesas e coruñeses si que sería complementario co servizo do taxi”.

Máis novas

Os taxistas volven mobilizarse masivamente na Coruña para esixir que os VTC “cumpran a lei”

A Xunta afirma que son as cidades galegas as que deben dicir o funcionamento das VTC: “Respectarémolo”

O Concello afrontará unha nova ordenanza sobre os VTC

A Xunta interpuxo 112 multas a vehículos VTC por servizos urbanos na Coruña

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here