InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA CRMH volve esixir á Xunta que resolva a apertura da Casa...

A CRMH volve esixir á Xunta que resolva a apertura da Casa Cornide e sancione aos Franco

Publicada o

Por editor

Sae á voz pública hoxe a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para responder as declaracións de onte de Alfonso Rueda sobre a Casa Cornide.

A CRMH da Coruña esixelle á Xunta que se deixe de palabras e resolva sen dilación a apertura da Casa Cornide e continue co procedemento sancionador á familia Franco.

A entidade denuncia que “o proceso de apertura do Pazo de Meirás, ao igual que está a acontecer coa apertura da Casa Cornide, estivo inzado de incumprimentos da legalidade por parte da familia Franco, que demorou (como no caso de Cornide tamén) o acceso á visita da cidadanía, dereito este recollido na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza”. Van máis alá e denuncian o “trato de favor” da Xunta coa familia acreditados coa aportación de 39.200€ de fondos públicos para asumir a seguridade do edificio en 2011 e 2012.

A entidade critica tamén a proposta de sanción que anunciou a Xunta, de apenas 3.000€. “Parece unha tomadura de pelo que tras máis de 3 anos de incumprimentos por parte da familia Franco das súas obrigas en materia de patrimonio cultural, e de pasividade e complicidades da Xunta de Galiza coa familia Franco, se anuncie novamente (non é a primeira vez que se fai), que a Xunta “será moi extricta na esixencia do cumprimento da Lei á familia Franco…”

Por todo isto, desde a CRMH da Coruña reiteran, como xa facían o pasado venres, “a esixencia do cumprimento da legalidade e se proceda á apertura da visita pública á Casa Cornide”, e que “con independencia da procedencia de sancións administrativas e no suposto de que a familia Franco continúe co incumprimento das súas obrigas legais, a CRMH lembra que tamén poidera ser constitutivo de infracción penal”

A entidade esixe tamén “a interposición das accións xudiciais civiles oportunas para anular o título de propiedade dos Franco”.

Máis novas

Rueda afirma que serán “moi estritos” co Franco na Casa Cornide: “Non hai ningún tipo de favoritismo”

A Comisión da Memoria Histórica pide á Xunta contundencia aos Franco pola apertura da Casa Cornide

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

 

 

ÚLTIMAS

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en...

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

Coa V Marcha pola Devolución da Casa Cornide convocada para o vindeiro 14 de...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de...

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

‘Baixo o mesmo paraugas’ é o lema que as entidades sociais do país levan...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here