InicioCAMBREDetida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Publicada o

Por editor

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de roubo con forza, por subtraer diñeiro e xoias da vivenda dunha anciá, na que traballaba como limpadora.

Segundo informaron fontes policiais, a vítima, de idade avanzada, decatouse de que lle faltaba unha pulseira de ouro do seu domicilio e denunciou o roubo. Uns días máis tarde, ampliou a denuncia ao comprobar que tamén lle subtraeron 500 euros, o seu DNI, varios cartóns bancarios, outras xoias e reloxos.

As pescudas do Grupo de Investigación do Distrito Norte permitiron comprobar que a muller que traballaba eventualmente como limpadora no domicilio subtraera unhas chaves e que accedeu á vivenda en varias ocasións, cando a dona non estaba, aproveitando para levar eses efectos.

Igualmente, a Policía puido determinar que, nos días posteriores aos roubos, a sospeitosa vendera algunhas das xoias nunha casa de empeños. Finalmente, a muller foi detida o pasado 20 de novembro en Cambre, e as xoias recuperadas foron devoltas á súa lexítima propietaria.

ÚLTIMAS

“Veume a pegar, enfadeime e metinlla”, di o autor do apuñalamento mortal a Yoel Quispe

O autor confeso do apuñalamento mortal a Yoel Quispe —os feitos ocorreron na madrugada...

Feren e insultan unha xornalista na folga do metal

Unha xornalista do medio dixital Quincemil resultou ferida ao recibir o impacto dun petardo...

Condenado a máis de tres anos de cárcere o loteiro que se apropiou dunha primitiva millonaria

A Audiencia Provincial da Coruña condenou ao loteiro coruñés Manuel Reija a 3 anos...

En marcha as obras da nova pista multideporte de Monte Alto

Foi aprobada nos Orzamentos Participativos de 2023, trala solicitude das catro ANPAs do barrio....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here