InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas creará unha Rede de Centros de...

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas creará unha Rede de Centros de Interpretación

Publicada o

Por editor

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas avanza na articulación dun destino ecoturístico de calidade no territorio. Co fin de harmonizar a idea da Reserva en todo o seu ámbito xeográfico, aproveitarase as instalacións ambientais existentes para dotalas de contidos para o fío condutor de Mariñas Coruñesas.

A entidade creará así unha Rede de Centros de Interpretación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. As 12 instalacións que serán obxecto desta tematización son as seguintes

  • Aula de Naturaleza de Crendes (Abegondo)
  • Centro de visitantes – Sede de la Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (Abegondo)
  • Museo do Mar de Sorrizo (Arteixo)
  • Museo das Mariñas (Betanzos)
  • Museo do Xacemento Romano de Cambre (Cambre)
  • Sala de la Colección Museográfica del Castro das Travesas (Carral)
  • Centro de Visitantes del Río Mandeo (Coirós)
  • Jardín Botánico del Burgo – Aula de la Naturaleza Juan Lembeye (Culleredo)
  • Casa Museo María Antonia Dans (Curtis)
  • Centro Etnográfico del Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)
  • Aula do Mar (Oleiros)
  • Aula da Ría (Paderne)

A Reserva ten un concurso aberto para realizar os traballos de adaptación de cada unha das dependencias. O orzamento ascende a 236.460 euros, que se financian con fondos Next Generation no marco do Plan de Sostibilidade Turística.
As actuacións son específicas para cada un dos centros e para cada un dos temas que interpretan. Os proxectos de tematización foron consensuados cos concellos propietarios destas instalacións, así como coa Deputación da Coruña (titular dos centros de Chelo e Teixeiro).

centro Interpretacion Chelo coiros
Centro de Interpretación de Chelo

Con carácter xeral, consistirán na dotación de diversos soportes de imaxe, como placas e paneis, a instalación de expositores con material divulgativo sobre a Reserva, ou a elaboración de material audiovisual.
Nalgúns puntos elaboraranse materiais didácticos específicos. Por exemplo, en Sorrizo incluirase unha recreación do ecosistema costeiro en resina e un mural de 7 metros coas especies máis representativas; en Betanzos recrearase un stand da Feira; No Burgo e Curtis colocaranse refuxios de madeira para a fauna.

 

ÚLTIMAS

Reproches do PP e do BNG ao goberno local da Coruña

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reprochou ao goberno local "falta...

Nova presentación literaria na Casa Casares Quiroga

O escritor Juan Cruz regresa a Coruña da man do Ateneo Republicano de Galicia...

Unha investigadora da UDC premiada pola súa tese sobre identidades de xénero

A profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña (UDC) Belén...

Cancelado o concerto de Diego el Cigala no parque de Santa Margarita tras ser condenado por maltratar a súa exparella

Son do Nordés comunicou a cancelación do concerto de Diego el Cigala programado para o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here