InicioBARRIOSOs problemas de persoal de Correos saltan á rúa

Os problemas de persoal de Correos saltan á rúa

Publicada o

Por editor

Continúan os problemas en Correos en toda a provincia, cos sindicatos alertando da falta de persoal en numerosas delegacións, como na de Bergantiños.

É o caso da Coruña, onde, por exemplo, na oficina da Rúa Entrepeñas UR-3 (que atende os códigos postais 15010 e 15011, unha zona tan densamente poboada como é a Agra do Orzán, As Conchiñas, O Ventorillo, As Roseiras e Visma), de 22 barrios/seccións só están cubertos 12, pos apenas hai 10 carteir@s dispoñibles.

Así o denuncia o Sindicato Provincial de Correos de A Coruña CGT, que denuncia que “Correos se nega a cubrir as vacantes estructurais existentese e as ausencias temporais, por baixas, etc.”

Esta carencia de persoal conleva, entenden, “unha sobrecarga no persoal dispoñible, e ese sobre esforzo está levando a problemas de saúde, por exemplo xa son dúas as persoas que están de baixa relacionadas con problemas de articulacións por asumir rutas que son moito mais longas do habitual”.

Noutras unidades da Coruña a situación tamén é preocupante, con mención especial á unidade de reparto da estación do tren (USE), especializada en paquetería en notificacións, onde estes tamén denuncian que está quedando numerosos obxectos sen repartir e sobrecarga das persoas da unidade. Valoran seguir o mesmo camiño e convocar nesa unidade concentracións semellantes

6 reforzos para o Nadal…

Dende o sindicato CGT levan tempo reclamando reiteradamente á dirección de Correos que “cubra as prazas estruturais vacantes e que substitúa convenientemente ás persoas que se encontran de baixa médica, sen contestación algunha por parte da dirección”.

Dende o sindicato lembran que “Correos unicamente realizou 6 contratos de reforzo para o nadal, tendo en conta que o persoal de Correos de reparto na nosa cidade, supón un totalmente insuficiente 3% sobre as prazas de reparto que deberan existir na nosa cidade, sobre 200, pero das cales unicamente estan cubertas o 60% aproximadamente, unhas 120, estando o resto sen persoal fixo”.

3.000 paquetes sen entregar

Pola súa parte, dende a secciónn Correos da CIG, denuncian que provocan situación de acumulacións e retrasos, que seguro que aumentarán nas datas de nada. Nestes momento, calculan que hai preto de 3.000 obxectos de paquetería pendentes de seren entregados.

“Paquetes que foron depositados a semana pasada en calquera punto do Estado español, aínda non foron sacados a reparto, acumulándose en todas as oficinas da cidade e facéndose moito máis visíbel na Unidade de Servizos Especial da cidade. O verdadeiro motivo desta acumulación non é outro que a falta de contratación de persoal necesario nas unidades de reparto da cidade”, denuncian.

Ante a situación xerada, a representación da CIG reclámalle á Xerencia de Persoal de Correos da Zona Noroeste un reforzo urxente dos cadros de persoal, para darlle saída inmediata á correspondencia atrasada e que actúe en consecuencia para que non se repitan estes feitos no futuro.

ÚLTIMAS

A nova vida da cúpula do Monte San Pedro de mans de Zara

Zara inaugurou, no marco da celebración do seu 50 aniversario, unha gran instalación cinética...

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

A loita de mulleres galegas no século XX, eixo dunha exposición da Deputación coruñesa en Culleredo

O Concello de Culleredo acolle a exposición itinerante da Deputación coruñesa 'Sinaladas. A loita...

Detido por roubar polbo e conservas valorados en máis de 1.000 en euros en supermercados de Oleiros

A Garda Civil detivo ao presunto autor de múltiples furtos de polbo conxelado e conservas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here