InicioA CORUÑAO pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Paso atrás do Concello sobre o polémico proxecto de urbanización das Percebeiras. Se no pasado de outubro, o pleno aprobou unha moción do BNG a anular o planeamento actual as licencias da parcela afectada de Labañou, este xoves, no pleno ordinario do Concello do mes de decembro, refrendouse a suspensión cautelar do chamado “Plan Especial M18 Labañou”. Fíxose cos votos a favor do PSOE e o BNG, pero cos votos en contra do PP, cuio voceiro Miguel Lorenzo argumentou a súa negativa a que goberno “cambia as reglas do xogo en metade do partido”, falando como avogado defensor do fondo promotor, Metrovacesa.

O Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Fran Díaz Gallego, apuntou á necesidade “estudar a modificación do planeamento vixente e establecer unha ordenación respectuosa co medio ambiente, a costa, coas vistas da Torre de Hércules e as vivendas de María Pita” nos alrededores do sector, unha vivendas cunha moito menor edificabilidade.

O edil apuntou que a intención do Concello “non é paralizar ningún ámbito urbanístico, senón solucionar un problema que leva 8 anos paralizado”, subliñando que a previsión de vivenda protexida nas Percebeiras é dun 40%. “Con todo, entendemos que debemos minimizar o impacto negativo no territorio”, facendo alusión a un “informe municipal do ano 2021” que non se fixera aínda público, pero que “xa apuntaba á falta de integración co tecido urbano existente”. Lembrou que xa se retirou o bloque de 23 alturas, pero que “o problema vén derivado do ensanchamento dos bloques, coa perda de calidade e dimensións dos espazos libres.
O BNG loubose de conseguir esta parálise cautelar para repensar o proxecto (“Se non fose pola iniciativa do BNG no pasado Pleno, o Goberno Local seguiría sen cumprir esta parte do Acordo de Investidura”, remarcou Veira), e tanto o BNG como PSOE acusaron ao PP de engadir durante o seu último mandato a inclusión de 15.000m2 de edificabilidade.

Nova ordenanza de SITE

”Conservar a imaxe da cidade e dos barrios” é o argumento principal para a aprobación inicial da nova ordenanza de Sistemas de Illamento Térmico Exterior, coa que se busca establecer o regulamento e as condicións para intervir nas fachadas dos edificios á hora de implantar sistemas que incrementen a súa eficacia enerxética.
O texto, que xa foi validado previamente a finais de novembro na Xunta de Goberno Local, establece os requisitos específicos tanto para os edificios catalogados como para os que, pese a non estar catalogados, contan nas súas fachadas con elementos de singular protección.

Moción sobre o cárcere

O Pleno aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a relativa ao antigo cárcere provincial e ás demandas do barrio da Agra do Orzán- por unanimidade. A iniciativa sobre o impulso do galego saíu adiante cos votos favorábeis do PSOE, mais coa oposición do PP.

No que ten a ver coa antiga prisión, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instou o Goberno Local a que use a súa influencia política para lograr que o Estado renuncie á vía xudicial e se aveña a negociar co Concello.

Licitación do contrato do bus urbano

Na quenda das preguntas orais, a edil do BNG Avia Veira interpelou o Goberno Local sobre a non licitación a tempo do novo contrato do bus urbano para este entrar en vigor a 1 de xaneiro, tendo en conta que o actual caduca en decembro.

Máis novas

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

ÚLTIMAS

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos),...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here