InicioBARRIOSO COF de Orillamar deixa de prestar atención programada pola falta de...

O COF de Orillamar deixa de prestar atención programada pola falta de persoal administrativo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúan os problemas no Centro de Orientación Familiar da rúa Orillamar. A precaria situación laboral segue provocando situacións dramáticas para un servizo tan necesario na atención ás familias e á mocidade con problemas de saúde afectivo-sexual. A día de hoxe, está sen persoal administrativo, polo que o centro ten que facer un simbólico peche de portas, puidendo realizar só atención urxente, pero deixando de prestar atención programada.

A pesar de que o cadro de persoal inclúe 3 traballadoras de persoal administrativo (dúas dependentes do Concello), neste último mes só hai unha profesional, que se ocupa da atención telefónica e presencial, e que xestiona as axendas das profesionais (matrona, psicóloga, traballadora social…). Pero as vacacións programadas desta última traballadora, non cuberta polo Concello a pesar de ter sido avisado con tempo, provocan unha caída rotunda na calidade da atención.

”Sen persoas que atendan na entrada do centro e que xestionen a axenda, non podemos facer seguemento de casos especiais, non sabemos cando imos poder analizar resultados de probas, non podemos estar pendentes de cousas importantes como a interrupción de embarazos… “, sinalan as profesionais que volven demandar que o Concello asuma as súas responsabilidades neste centro codependente.

Lembran que xa o Sergas ocupouse de cubrir a baixa da psicóloga, a pesar de que a responsabilidade era municipal.

Máis novas

Denuncian o esquecemento municipal do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Denuncian que o Concello segue sen cubrir a praza de psicóloga clínica no COF de Monte Alto

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

ÚLTIMAS

A Sala Mardi Gras celebra este mércores os seus 3.000 eventos en directo

Que xoia temos na cidade coa rede de Salas de concertos!! A Jazz Filloa,...

En marcha a rodaxe dunha curta herculina sobre abuso sexual infantil

Esta semana, está desenvolvéndose en varios barrios da cidade, en Bergondo e na Facultade...

Buscan unha muller na Coruña que falta do seu domicilio desde o 14 de maio

SOS Desaparecidos solicitou a colaboración cidadá para localizar a unha muller que falta do...

Denunciadas máis de vinte infraccións na cidade durante a campaña de control de bicicletas e patinetes

A Policía Local da Coruña pechou unha nova campaña específica de control sobre o uso de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here