InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que...

As traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que cumpla as súas promesas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai xusto un ano pechaban un ciclo de mobillizacións. Pero semella que as medidas tomadas polo Concello non foron suficientes porque as traballadoras da rede de escolas infantís municipais da Coruña ameazan con volver ás rúas se o Concello continúa ignorando as súas reivindicacións.

As traballadoras das oito escolas (Cativos, Luís Seoane, Roseiras, Caracola, Agra do Orzán, Arela, Montealto e Carrianta), fartas de esperar a resposta do concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, á táboa reivindicativa trasladada polo colectivo xa no mes de abril, demandan medidas para atallar a precariedade laboral e salarial que padecen e mellorar a atención ás crianzas.

Cómpre lembrar que as escolas 0-3 anos da rede municipal son propiedade do Concello da Coruña pero a súa xestión está privatizada. “Levamos dende o ano 2021 sufrindo conxelación salarial, cuns salarios por debaixo do SMI na maioría do persoal, e as nosas xornadas laborais son das máis altas de todos os convenios da ensinanza”, subliñan as delegadas da CIG.

Reclaman do Concello da Coruña que destine maiores partidas orzamentarias para as escolas infantís que repercutan directamente nas 110 traballadoras “dignificando os nosos salarios”. Así mesmo, melloras do calendario escolar e dos horarios “para que tamén nós teñamos dereito á conciliación da vida laboral e familiar”, e melloras de tipo social como prioridade nas prazas para as crianzas do persoal traballador das propias escolas.

Por outra banda, demandan unha baixada das ratios nas aulas, ou que se doten de parella educativa -como xa se fai nas Galiñas Azuis no propio concello-, para mellorar a vida das nenas e os nenos nas escolas e o traballo das educadoras, así como do resto do persoal. A este respecto, tamén piden asegurar unha atención adecuada ao alumnado con necesidades educativas especiais mediante a dotación dos recursos materiais e humanos necesarios para a detección temperá e os coidados apropiados.

“Aínda que se trata de demandas básicas e lexítimas, o único que recibiron as traballadoras até agora foron boas palabras e un compromiso por parte do concelleiro de atender as reivindicacións que non se trasladou en ningunha medida concreta. Diante deste abandono, as traballadoras están dispostas a loitar polos seus dereitos e se o Concello da Coruña continúa sen atender as súas reivindicacións á volta do nadal xa avanzan que iniciarán mobilizacións”, sinalan dende a CIG.

 

Novas do proceso

Traballadoras de escolas infantís da Coruña denuncian “precariedade laboral”

Manifestación na Coruña das traballadoras de escolas infantís

A folga das traballadoras das Escolas Infantís: “Somos educadoras, non coidadoras”

Traballadoras de escolas infantís secundan unha nova xornada de paro e mobilizacións para esixir un convenio “xusto”

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here