InicioMOV. SOCIAISTraballadoras de escolas infantís secundan unha nova xornada de paro e mobilizacións...

Traballadoras de escolas infantís secundan unha nova xornada de paro e mobilizacións para esixir un convenio “xusto”

Publicada o

Por europapress

Traballadoras de escolas infantís privadas ou de xestión indirecta (as municipais) secundaron este mércores unha nova xornada de paro e mobilizacións, nas cidades da Coruña e de Vigo, para esixir un convenio “xusto” e a “dignificación” das súas condicións laborais e salariais.

Como fixeron a semana pasada, e seguindo a demostración do malestar do sector do profesorado coas políticas da Xunta (onte eran as traballadoras dos centros de Primaria e Secundaria os que facían folga), e convocadas polas organizacións sindicais CIG, CCOO e SNEP, secundaron unha nova mobilización que partiu da praza de Pontevedra, para  denunciar as “lamentables condicións” nun colectivo conformado maioritariamente por mulleres.

En declaracións aos xornalistas, Anxela Gurdiel explicou que está programada unha reunión coa patronal o 2 de novembro e lembrou que o vindeiro sábado teñen convocada unha concentración en Madrid. Os sindicatos teñen convcoadas dúas novas xornadas de folga, convocadas para os 8 e 15 de novembro

Sobre a súa situación, asegurou que cobran “só o salario mínimo interprofesional” e que, con todo, deben atender un alto número de nenos por educadora, ás que se lles esixe ter un ciclo superior.

“Oito bebés por unha educadora; trece nos dun a dous anos e 20 nos de dous a tres anos”, citou como dato. Ademais, destacou o seguimento da folga, con só a directora e a secretaria nalgunha escola infantil.

‘Convenio digno e salarios xustos’, ‘nin gardarías nin xardíns, somos escolas infantís’ ou ‘patronal, escoita, estamos en loita’, foron algunhas das proclamas coreadas nas protestas.

En canto ao seguemento, desde os sindicatos precisaron a Europa Press que está cifrado, como na anterior convocatoria, nun 80% aínda que está a ser desigual. “Máis nas escolas de xestión indirecta e con menos incidencias nas privadas”, sinalaron.

Nos comunicados lidos, denunciaron que a patronal “se resiste a negociar subidas salariais acordes co incremento da vida e a mellorar as condicións laborais” que, engadiron, “quere empeorar”.

Antes, quedan dúas novas xornadas de folga, convocadas para os 8 e 15 de novembro

Máis novas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...