InicioCULTURAA RAG lanza unha selección de poemas de 'Papagaio' de Luisa Villalta...

A RAG lanza unha selección de poemas de ‘Papagaio’ de Luisa Villalta traducidos ao hindú

Publicada o

Por europapress

A Real Academia Galega (RAG) pon fin ao 2024, ano no que as Letras Galegas dedicáronselle á poetisa coruñesa Luisa Villalta, co lanzamento dunha selección de poemas de ‘Papagaio’ traducidos ao hindú.

O profesor da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi da India Vikash Kumar Singh, exalumno dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, asina a tradución ao hindú de oito poemas de Papagaio na edición que se incorpora ao catálogo de publicacións dixitais de academia.gal, ilustrada cunha selección das fotografías de Maribel Longueira que inspiraron os versos.

“O meu obxectivo principal foi crear unha tradución poética que preserve o espírito, o ton e a voz lírica de Villalta, logrando que os poemas funcionen de maneira independente en hindú, respectando ao mesmo tempo a súa esencia orixinal”, explicou Vikash Kumar Singh.

Espera ademais que a tradución anime aos lectores indios a “coñecer e valorar a figura literaria de Luísa Villalta, especialmente a aqueles interesados nos estudos literarios indo-hispánicos e na teoría da tradución”.

Luísa Villalta deixou escritas 19 composicións para as instantáneas que Maribel Longueira realizara sobre o derrube do Papagaio, o barrio da prostitución da Coruña.

O froito daquela colaboración artística e de denuncia da violencia contra as mulleres, e da especulación urbanística, saíu da imprenta tras a morte da escritora, en 2006.

Papagaio, o barrio da prostitución de Monte Alto que inmortalizou Luisa Villalta

Luisa Villalta, a poeta “valente” que retratou “con humanidade” a prostitución do barrio coruñés do Papagaio

 

 

 

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...