InicioA CORUÑAO mapa da Cabalgata de Reis que celebra o 40 aniversario da...

O mapa da Cabalgata de Reis que celebra o 40 aniversario da Casa das Ciencias

Publicada o

Por O mapa da Cabalgata de Reis que celebra o 40 aniversario da Casa das Ciencias

Máis de 750 persoas e 16 compañías nacionais e internacionais participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, con figurantes que levarán unha indumentaria que conmemora o 40 aniversario da Casa das Ciencias.

A cita celebrarase como cada ano o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, a partir das 18.00 horas. Milleiros de familias agardarán o paso das 13 carrozas, seis municipais e sete de patrocinadores, seis trens e 18 espectáculos escénicos e de animación. Volverá haber un tren solidario e participará a Fundación ENKI e os máis esperados: o camión de bombeiros, “que tiren caramelos”.

A temática será invernal, “levando ás persoas asistentes a un mundo máxico e xélido” con fadas, animais, bonecos de luz e cor, acróbatas, ser máxicos e outros personaxes fantásticos que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar.

O Mapa

Mapa da Cabalgata de Reis de Coruña 2025
Finalmente a Cabalgata baixará por Fernández Latorre e non por Ramón y Cajal

Este 2025 a Cabalgata de Reis volverá partir desde o Barrio das Flores, concretamente desde a rolda de Camilo José Cela, como xa fixo na última edición, ás 18.00 horas. O percorrido discorrerá pola avenida de Monelos e a comitiva real irá cara a Pérez Ardá e finalmente por Fernández Latorre e a Costa da Palloza, en vez de por Ramón e Cajal, ata a avenida do Porto.

Desde alí as carrozas irán ata Linares Rivas e a praza de Ourense para emprender a marcha final polos Cantóns e a Mariña, terminando como sempre na praza de María Pita, onde os reis saudarán aos nenos e nenas desde o balcón do palacio municipal.

 

 

ÚLTIMAS

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

Volven denunciar á Xunta e ao Estado pola continua opacidade e incumprimentos legais no Pazo de Meirás

Falabamos onte co historiador Manuel Pérez Lorenzo sobre os usos didácticos que lle deberíamos...