InicioSOCIEDADEA Cabalgata de Reis cambiará o seu percorrido inicial para evitar os...

A Cabalgata de Reis cambiará o seu percorrido inicial para evitar os lugares máis expostos ao vento

Publicada o

Por europapress

A Cabalgata de Reis da Coruña manterase o día 5, pero variará lixeiramente o seu percorrido inicial para evitar lugares expostos ao vento, segundo informa o consistorio. Será, precisa, ao seu paso polo barrio de Catro Camiños xa que discorrerá, finalmente, pola avenida Fernández Latorre en lugar da rúa Ramón e Cajal. O resto do traxecto, con saída desde a rolda Camilio José Cela e chegada a María Pita, manterase.

“Esta medida tómase co obxectivo de reforzar a seguridade da cidadanía en base ás condicións meteorolóxicas previstas esta fin de semana e, concretamente, o domingo”, expón o goberno local. O motivo para este cambio no percorrido inicial é o de evitar as zonas máis expostas ao vento.

Non entanto, o Concello segue pendente da evolución meteorolóxica nas próximas horas, pero cos datos dispoñibles á data a Cabalgata manterase o día 5 cos horarios previstos “e cumprindo con todos os requisitos de seguridade que, segundo os criterios dos técnicos, fan viable o evento”.

A saída das 13 carrozas será este domingo ás 18.00 horas desde a rolda Camilo José Cela. O percorrido continuará pola avenida de Monelos e irá cara a Alcalde Pérez Ardá e, xa a continuación, pola avenida Fernández Latorre e Costa da Palloza, saíndo cara a Linares Rivas e a praza de Ourense para emprender a marcha final polos Cantóns e a Mariña, rematando na praza de María Pita.

ÚLTIMAS

Unha rede vinculada presuntamente aos disturbios de Barcelona estende a súa actividade á Coruña: detectan indicios en 18 cidades

A Coruña figura entre as 18 localidades españolas nas que unha investigación tecnolóxica identificou...

O CHUAC constitúe a s súa Unidade Docente para avanzar na descentralización de Medicina

O Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) deu un paso máis na descentralización de Medicina...

Operativo contra o crime organizado en varios puntos da Coruña remata con cinco detidos

A Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira despregaron un operativo contra o...

7,5M para melloras en 4 centros educativos da Coruña

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou a directores de...