InicioPOLÍTICAA Marea sobre o Master Plan da reforma da fachada marítima: “Non...

A Marea sobre o Master Plan da reforma da fachada marítima: “Non hai quen xustifique a subasta do litoral”

Publicada o

Por editor

O pasado venres a Comisión Coruña Marítima aprobaba as liñas estratéxicas do Máster Plan de reforma do porto interior. Un proxecto que vai cambiar a fisionomía da cidade, e que ten o seu punto máis polémico no proceso aberto para privatizar parte do solo portuario de San Diego, para a construción de vivendas e poder pagar así a débeda do Porto.

Xa limos as razóns da abstención do BNG e a posición dun PP que aprobou o Plan pero que incide en manter a titularidade pública dos terreos.

Hoxe é o grupo da Marea Atlántica, sen presenza plenaria dende o colapso das pasadas eleccións, o que anuncia súa posición, rexeitando ”calquera proxecto para os peiraos que supoña a privatización de solo público”.

Ante esa porta aberta á venda de solo para financiar a débeda da Autoridade Porturia, a formación municipalista manifesta que “non hai arquitecto de prestixio nin edificio emblemático que xustifique a subasta do litoral da Coruña”.
Para a Marea Atlántica, “a renuncia á condonación da débeda e a restauración parcial da fórmula privatizadora dos convenios de 2004 supoñen unha ruptura dos consensos forxados na etapa de Xulio Ferreiro como alcalde, cando milleiros de persoas saíron á rúa e se multiplicaron espazos de participación e deliberación como o Foro Tecendo Litoral”. “Todas as forzas políticas se comprometeron daquela a asegurar a titularidade pública dos terreos e a constitución dun consorcio, tamén público, para planificar e liderar a transformación dos peiraos. Quen mudase de parecer, que o diga e o explique. A cidadanía ten dereito a saber se os partidos polos que votou teñen pensado facer algo radicalmente distinto do que prometeron na última campaña electoral”, argumenta a formación.

O grupo denuncia que “o futuro dos peiraos interiores da Coruña volve debaterse a porta pechada” e esixe ás administracións implicadas que fagan públicos os documentos e garantan a máxima apertura dos procesos de participación e decisión.

Lanza tamén unha crítica á posición do BNG denunciando que na cuestión “non caben abstencións” e lamenta “a falta dunha voz alta e clara en María Pita en defensa do común”.

Sobre a convocatoria dun concurso restrinxido a cinco firmas de ámbito global, a formación municipalista denuncia “o paso atrás que suporía con respecto ao celebrado no marco do Foro Tecendo Litoral e insta o goberno local a rectificar, garantindo un concurso aberto, dotado cun xurado plural e non condicionado por decisións tomadas por adiantado de costas á cidadanía”. “De nada serve que no Concello se lle estea a dar continuidade simbolicamente á comisión plenaria creada en 2019 a iniciativa da Marea Atlántica”, recorda a Coordinadora, “se agora se exclúen todas as voces da cidade, expertas e non expertas, para que acabe impoñéndose un proxecto que podería estar en calquera outro lugar do planeta”.

Máis novas

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

O PP considera necesario condonar a débeda do Porto e manter a titularidade pública dos terreos portuarios

O BNG abstense na votación das bases estratéxitcas Coruña Marítima ante as “contradicións” sobre titularidade pública dos terreos

 

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here