InicioCULTURAUnha marcha e un faladoiro polo XV Día Lugrís

Unha marcha e un faladoiro polo XV Día Lugrís

Publicada o

Por editor

Este vindeiro sábado 1 de febreiro, varios colectivos da cidade xúntanse para celebrar o XV día en homenaxe a Urbano Lugrís González.

A xornada arrincará ás 18:00 horas ao pé do Obelisco decorando os paraugas con motivos lugrisiáns para preparar unha marcha que comezará ás 19:00 e que irá pola Peixería reivindicando, unha vez máis, o acceso á beleza e a salvación dos murais que Lugrís pintou no restaurante Fornos da Coruña que seguen a sufrir as choivas, a humidade e o desleixo das administracións “responsábeis”.

Como limiar a ese día o xoves 30, ás 20:00 horas no local social de Os Maracos (avd. exército, s/n. Estación de san Diego), haberá un faladoiro (“O rescate dos frescos de Urbano Lugrís”) no que explicarán a distinta sorte das pinturas murais que Lugrís pintou na península Ibérica e concretamente á situación dos frescos do Fornos.

Cartel-XV-día-lugrís-2025-xan-febr

Máis novas

“Volve chover sobre os murais de Lugrís”

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

ÚLTIMAS

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Case mellor imos a pé. --- ---- --- Buscando e recollendo datos sobre obras non catalogadas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here