InicioMOV. SOCIAISEmotiva homenaxe a Moncho Valcarce

Emotiva homenaxe a Moncho Valcarce

Publicada o

Por editor

O cemiterio de Santo Amaro acolleu esta fin de semana o tributo do BNG á memoria de Moncho Valcarce (1935-1993), desta volta no seu 32 cabodano, o día do seu 90 aniversario.

O discurso de homenaxe desta volta correu a cargo do ex deputado do BNG e músico, unha das grandes voces do país, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, quen foi presentado por Isabel Risco.
“Moncho loitou coa xente de abaixo, coa xente do país, coa xente do pobo, por un mundo sostíbel, un mundo xestionado pola xente que pisaba o territorio do país día a día”, afirmou Mini.

Xosé Luis Mini Rivas. Acto Moncho Valcarce

E esa loita nas Encrobas deu os seus froitos. “El defendeu o máis íntimo, o máis íntimo de todos nós. E devolveunos a esperanza porque vimos nos xornais as fotos daquelas mulleres de pano, vestidas de negro, cun paraugas na man, fronte aos mosquetóns da garda civil, fronte aos tricornios e aos capotes, e vimos que os venceron. Vencéronos porque gañaron a opinión pública, porque a súa causa foi considerada como xusta a pesar de que Naturgy, Fenosa, quen fora, mudan de nome para disimular, instalara alí aquela barbaridade, porque aquilo fora unha barbaridade. Aquilo non era sostíbel”.

“Querémoslle dicir á súa memoria, ao seu espírito, se vaga por aí, que outra vez veñen por nós, veñen por nós con toda a artillaría, todos os carros de combate dos bulos, das mentiras, coa mentira de que a riqueza duns poucos e a pobreza da maioría é a que vai salvar un mundo que se está a suicidar”, engadiu.

Altri

O BNG aproveito para facer un paralelismo coa actualidade. “Onte a loita nas Encrobas, hoxe a loita contra Altri e contra o capitalismo neocolonial que nos inza de eólicos, minas, eucaliptos. Somos ricos en recursos naturais, pero a sociedade galega vai participar desa riqueza?”.
“Moncho”, dirixiuse así Mini a Valcarce, “ti estarías nesta loita, nesta actual, porque é a mesma que a das Encrobas, idéntica, é a subsistencia dun pobo que está en xogo, a subsistencia da nosa identidade, da nosa fala, e sobre todo dun futuro en harmonía co planeta e co nós mesmos. Saúde e Terra, compañeiro”!.
A interpretación do himno galego -após a ofrenda floral sobre a sepultura que acolle os restos mortais de Valcarce- puxo o ramo ao acto.

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

Morre un detido nunha operación antidroga nos calabozos da Garda Civil en Lonzas

Unha persoa detida e que se atopaba nos calabozos da Comandancia da Garda Civil...

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here