InicioBARRIOSArrincaron as obras da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón

Arrincaron as obras da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

¡Arrincaron esta mañá os traballos da prospección arqueolóxica do xacemento Castrillón afectado polo futuro Plan Urbanístico do parque de Oza. Os traballos, autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia e contratados pola Xunta de Compensación Parque de Oza (formada polos propietarios dos terreos, a Fundación Juana de Vega e a Sareb),forman parte dun proxecto pendente da aprobación definitiva do convenio do Plan Urbanístico Especial. Un Plan que a día e hoxe, aseguran, conta cunha zona verde nese espazo.

Os traballos, que durarán 10 días máis e están dirixidos polo arqueólogo Emilio Ramil González, intentarán determinar a extensión ou o interese dos restos en aras á súa conservación.
Cómpre lembrar que foi en 2014, durante a execución das obras de apertura das rúas Casanova de Eirís e Avenida da Concordia, no barrio coruñés de Oza-Castrillón, cando se acharon os restos do que parecía unha estrutura habitacional, uns ocos que suxerían o posible asentamento de postes de madeira. Tamén se acharon outros materiais arqueolóxicos. Iso derivou na inclusión deste xacemento no Plan Básico Autonómico.

A Xunta de Compensación pide á veciñanza que retire os peches

plásticos y cercas no Castrillon na zona do xacemento

A Xunta de Compensación colocou hai un mes uns carteis informativos informando do comezo das obras, e pide á veciñanza que retiren das leiras os peches, plásticos… para desenvolver as obras.
“O obxectivo, alertar aos particulares que, en precario, viñeron usando partes desa leira para sementar, co fin de que puidesen retirarse antes de que dese comezo o operativo de hoxe”, explican dende a Xunta.

Con todo, a veciñanza non está de todo satisfeita co movemento. A Asociación de Vecinos Castrillón-Urbanización Soto IAR, coñecedora da prospección, sinala que só foi informada do comezo das obras polo cartel. Así, mesmo a Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros, lembran que xa presentaron alegacións ao convenio urbanístico, pedindo recuperar toda a zona verde que contemplaba o PXOM para a zona M6, respectando, por suposto os restos arqueolóxicos, a ampliación do Parque de Oza aumentando espazos verdes nas zonas M1 e M5, o que provocaría a redución e edificabilidade do plan urbanístico.

Máis novas

A veciñanza do Castrillón pide menos edificabilidade e máis VPO na nova urbanización

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

ÚLTIMAS

Tres persoas reciben atención sanitaria na Coruña tras un accidente de tráfico en Alfonso Molina e un incendio na rúa Panadeiras

Dous sucesos distintos mantiveron en alerta os servizos de emerxencia da Coruña durante a...

O comercio Xusto celebra 40 anos en España e 21 na Coruña

Hai pouco cumpliron 20 anos en Galicia, pero en realidade as entidades que formamos...

A Cruz Vermella celebrou o seu Día Mundial na Coruña cunha gran singular foto na Matadoiro

O persoal da Cruz Vermella na Coruña celebrou encheu este venres de vermello a...

Dez acusados afrontan 40 anos de prisión en total polo branqueo de capitais a través da compravenda de centos de coches durante unha década

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña ten previsto celebrar esta semana, en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here