InicioSOCIEDADEA xerencia da área sanitaria implantará nos próximos días o "botón do...

A xerencia da área sanitaria implantará nos próximos días o “botón do pánico” fronte a agresións

Publicada o

Por europapress

Tras dúas semanas de mobilizacións esixindo medidas concretas para afianzar a seguridade dos profesionais da sanidade pública, a xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee vén de anunciar (enviando a información antes á prensa que á propia comisión) que as medidas propostas fronte ás agresións a persoal están “rematadas ou en fase de execución” e destaca o “avance” no desenvolvemento do decálogo proposto. Entre outras cuestións, apunta á implantación nos próximos días do “botón do pánico”. En referencia ás medidas, alude ás analizadas entre a dirección da área sanitaria, a Comisión de Centro e os xefes de Servizo de Urxencias, Saúde Mental e Orde Interna e Seguridade, das que engade que foron presentadas tamén ao comité de seguridade e saúde.

“Incrementáronse os efectivos de seguridade no servizo de Urxencias cunha segunda presenza de 12:00 a 00:00, tramo horario de maior afluencia de pacientes no servizo, o que no sitúa por enriba de hospitais como o Doce de Outubro ou Ramón e Cajal”, cita como exemplos. Ademais, engade que “están conformados os grupos de traballo tanto en Atención Primaria como en Atención Hospitalaria coordinados polos responsables dos servizos implicados para a revisión e actualización dos protocolos” e “practicamente terminado o traballo do grupo encargado da análise causa-raíz”, da que a próxima semana di que se terá o informe.

Todo iso despois da agresión a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade por parte dun paciente psiquiátrico o pasado día 3. Entre outras cuestións, sinala tamén que se puxo en marcha un circuíto de atención psicolóxica a profesionais da área sanitaria da Coruña e Cee, ao que suma asesoramento e apoio xurídico ou a posta en marcha da nova unidade de saúde mental no Hospital Marítimo de Oza. A xerencia fixo público o comunicado despois de que o xoves persoal do complexo hospitalario volvese mobilizarse en demandas da aplicación “xa” de medidas.

 

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

ÚLTIMAS

A nova vida da cúpula do Monte San Pedro de mans de Zara

Zara inaugurou, no marco da celebración do seu 50 aniversario, unha gran instalación cinética...

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

A loita de mulleres galegas no século XX, eixo dunha exposición da Deputación coruñesa en Culleredo

O Concello de Culleredo acolle a exposición itinerante da Deputación coruñesa 'Sinaladas. A loita...

Detido por roubar polbo e conservas valorados en máis de 1.000 en euros en supermercados de Oleiros

A Garda Civil detivo ao presunto autor de múltiples furtos de polbo conxelado e conservas de...