InicioSUCESOSCondenado a dous anos e medio por levar unha botella de whisky...

Condenado a dous anos e medio por levar unha botella de whisky e 800 euros

Publicada o

Por editor
A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena de dous anos e medio de cárcere imposta pola sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña a un home por cometer un delito de roubo con forza nas cousas, agravado pola circunstancia de multirreincidencia, nun establecemento hostaleiro, do que se levou 800 euros e unha botella de whisky.
Os maxistrados rexeitaron o recurso de apelación presentado pola defensa do acusado, pois consideran suficiente a proba practicada. Así, destacan que se atoparon catro marcas dactilares parciais pertencentes ao procesado no marco da xanela que se forzou para acceder ao local, que estaba pechado no momento dos feitos. A sentenza é recorrible ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here