InicioCULTURAO Ágora prepara o completo programa Apego para as crianzas de entre...

O Ágora prepara o completo programa Apego para as crianzas de entre 0 e 6 anos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Que necesario é nesta cidade o programa Apego. Un programa organizado polo servizo de Normalización Lingüística, orientado a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos, que procura unha difusión de contidos culturais en galego, a dinamización da lingua e o contacto interxeracional a nivel idiomático para proporcionar un ambiente de inmersión lingüística para falantes habituais de galego e, tamén, para aquelas familias que buscan achegarse a el dun xeito lúdico, divertido e, por suposto, didáctico.

Xa está en marcha o novo programa que se desenvolverán nas aulas e no auditorio do Centro Sociocultural Ágora ao longo destes meses de primavera. Teatro, contos, obradoiros e música estarán presentes na oferta cultural do SNL.

Abrirá este novo ciclo de actividades, o martes 11 de marzo, a peza ‘A libraría máxica’, da compañía Inventi Teatro, que lles fará unha homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio e lles achegará ás crianzas o amor pola literatura e a lingua galega.

As inscricións para asistir ao evento está operativa desde hoxe ás 10.00 horas, nesta ligazón.

A programación continuará ata rematar maio, cos seguintes espectáculos e obradoiros:

  • Martes 11 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min): ‘A libraría máxica’, de Inventi Teatro (+3 anos), no auditorio.
  • Martes 18 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min): ‘Fíos do querer’, de Cé Orquestra Pantasma (0-3 anos).
  • Martes 25 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min): ‘Contos de igualdade (para non perder)’, de Ángeles Goás (+4 anos)
  • Martes 1 de abril, dous pases cada día: 17.00 e 18.30 h (60 min): ‘Arrolar’, da Fundación Legar (0-1 anos)
  • Martes 8 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min): ‘Chimpo de ra’, de Raquel Queizás (1-3 anos)
  • Martes 22 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min): ‘O gaiteiro verde’, da Fundación Legar (+5 anos)
  • Martes 29 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min) ‘As máis molonas’, de Pakolas (+3 anos)
  • Martes 6 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min): ‘Lúa triangular, nada é imposible’, de Jara Ortiz (+3 anos)
  • Martes 13 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min): ‘Leo e a música’, de Trémola Teatro (6 meses-3 anos)
  • Martes 20 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min): ‘Xela, a superheroína de aldea’, de Inma Soto (+3 anos)
  • Martes 27 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min) ‘Dende Rosalía ata as cantareiras’, da Xanela do Maxín (+3 anos)

Folleto_Apego_Coruna-2025-1

ÚLTIMAS

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII...

A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento

“A Coruña Pública” é un ambicioso proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na...

Aseguran que o Mercado de Monte Alto estará operativo a final de ano

Debería ter estado rematado en xaneiro deste 2025, pero o Mercado de Monte Alto...

Investigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas co “timo do sicario”

A Garda Civil, no marco da 'Operación Mamol Tenerife', detivo e investigou a 19 persoas,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here