InicioCULTURAHoxe arrinca o ciclo “Cine por Mulleres”

Hoxe arrinca o ciclo “Cine por Mulleres”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta tarde de mércores 12 de marzo comeza a III Mostra Internacional de Longametraxes “Cine por Mulleres”. Dende esta mesma mañá, e ata o 30 de marzo, a cidade acollerá unha serie de proccións de cinema feito por mulleres.

apg_20250312_ALCALDESA_CASTRO_CINEMA_PARA_MULLERES_AGORA_003
Acto de inauguración

Hoxe mesmo abre o programa cunha Xuntanza do audiovisual galego no Ágora. Pola tarde o Ágora acolle unha Mesa redonda aberta baixo o título “Galicia: nós tamén producimos”. Moderada por Alexia Muíños, contará coa preseza de Chelo Loureiro, Emma Lustres, Gonzalo Castro, Ignasi Camós e Verónica Buide.

Ao remate, ás 20:30h, a película “As Neves”, da coruñesa Sonia Mendez, abre as proxeccións, que continuarán venres sábado e domingo, e repetindo mércores, venres, sábado e domingo das vindeiras 3 semanas de marzo.

PROGRAMA

Cartel Ciclo Cine por Mulleres coruna 2025

Programa Cine por Mulleres Coruña

As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Austria, Bélxica, Canadá, Francia, Italia, Romanía, Suecia, México e Reino Unido. Moitos deles foron multipremiados ao longo do pasado 2024, entre eles, proxectarase o gañador do Gran Premio do Xurado en Sundance, Sujo; o Premio do Público no Fantasia Film Festival de Quebec, Hunting Daze; o Premio do Público no Festival de Munich, premiada ademais no Festival de Tribeca, Samia; e como non, a película gañadora da VII edición do Festival Cine por Mujeres Madrid, gañadora tamén do Gran Premio do Xurado e doutros 2 premios no Festival de Locarno, Mond (Moon), da directora austríaca, nacida en Iraq, Kurdwin Ayub.

Moitas das películas españolas programadas contan tamén con diversos premios: Soy Nevenka, gañadora do Premio Axenda 2030 Euskadi Basque Country no Festival de San Sebastián; Los destellos, Premio Mellor Interpretación en San Sebastián; Nina, Premio da Crítica en Málaga; Salve María, Goya á Mellor actriz revelación, Mención do Xurado e 3er P emio da Mocidade en Locarno e La Infiltrada, gañadora do Goya á Mellor película e Mellor
actriz, Premio á Mellor Película Española da VII edición do Festival Cine por Mujeres Madrid.
Así mesmo, varias delas foron seleccionadas nos festivais de Málaga, San Sebastián, D’A, As Palmas e a SEMINCI de Valladolid e nomeadas aos Premios Goya.

As entradas para todas as sesións teñen un prezo reducido de 4,5 euros (3 euros con bonificación).

ÚLTIMAS

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII...

A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento

“A Coruña Pública” é un ambicioso proxecto de cartografía dos bens públicos existentes na...

Aseguran que o Mercado de Monte Alto estará operativo a final de ano

Debería ter estado rematado en xaneiro deste 2025, pero o Mercado de Monte Alto...

Investigan a 19 persoas da Coruña por extorsionar a unhas 300 vítimas co “timo do sicario”

A Garda Civil, no marco da 'Operación Mamol Tenerife', detivo e investigou a 19 persoas,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here