InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOOleiros si que instala o contedor marrón

Oleiros si que instala o contedor marrón

Publicada o

Por editor

No medio da polémica entre Xunta e Concello da Coruña, o Concello de Oleiros si procede á instalación do colector marrón (orgánico).

O Consorcio das Mariñas está a instalar os novos colectores marróns en todas as parroquias do municipio. Actualmente estase a repartir, porta por porta en diversos núcleos do municipio onde xa se instalaron os colectores marróns, o material necesario para separar os biorresiduos na casa: un caldeiro marrón de 10l, bolsas biodegradables, folletos informativos e a tarxeta de acceso ao colector; que será indispensable a partir do 15 de marzo para poder abrilo e depositar os residuos.

Así partir do 15 de marzo será necesaria unha tarxeta de acceso para poder abrir o colector marrón para a reciclaxe dos residuos biodegradables (restos de comida, plantas, cáscara de ovo, pousos do café, carne, espiñas de peixe, froitas, herba…). Para poder facer uso do colector marrón, porta por porta repartirase un caldeiro da mesma cor de 10l, bolsas biodegradables, folletos informativos e a tarxeta de acceso ao colector.

A implantación dos colectores será progresiva, co obxectivo de acadar os 300 colectores operativos á maior brevidade posible. Con este novo sistema, búscase mellorar a calidade dos residuos orgánicos e avanzar cara unha xestión máis sostible .

Desde o Consorcio das Mariñas infórmase que unha vez rematado o reparto porta a porta, o material (caldeiro, tarxetas de acceso e bolsas) ficarán emprazados na Nave de Servizos Municipais do Concello de Oleiros (rúa Río) para que os veciños e veciñas poidan pasar a recollelo no caso de que non lle chegara á súa vivenda.

Poderase consultar máis información e detalles no teléfono 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org, ou cubrir a solicitude do material en https://consorcioam.rsu.gal.

ÚLTIMAS

Desconvocada a folga da pesca de baixura tralos acordos acadados en Madrid

Despois das manifestacións vividas na Coruña e en Corcubión, o sector da pesca artesanal da provincia da...

O sector do taxi da Coruña rexeita a consulta pública sobre a nova ordenanza e esixe o control das VTC

Taxistas convocantes nos últimos meses de protestas na Coruña contra as VTC, para esixir...

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

Fixo entrega hoxe o Concello da Coruña dos premios do XXI Concurso de Tapas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here