InicioCULTURAO Ágora acolle unha xornada con 14 obradoiros abertos de artesanía...

O Ágora acolle unha xornada con 14 obradoiros abertos de artesanía galega

Publicada o

Por editor

O sábado 6 de abril o Centro Sociocultural Ágora acollerá unha xornada moi especial artellada pola Asociación Galega de Artesáns. “Oficios en Acción” convírtese nunha nova xornada de divulgación e posta en valor da artesanía, que ofrece unha serie de obradoiros de acceso gratuíto e aberto a todos os públicos.

Durante a xornada as persoas asistentes terán a oportunidade de participar en diferentes actividades, desde a encadernación xaponesa ata a elaboración de obxectos en coiro, pasando pola creación de xoiería en cera e a confección de pezas de cerámica. Todos desenvoltos por profesionais de marcas galegas como Chuevo, Mioco Deseños, Casperlota, Arsanía Nia, Jatafarta, Códice, A Feiruta…

A organización lembra que os menores de idade deberán estar acompañados dunha persoa adulta durante as actividades. Ademais, debido á capacidade limitada, recoméndase realizar a inscrición previa a través da web www.galegadeartesans.org/oficiosenaccion/.

ÚLTIMAS

A Coruña presume de “conter” o aluguer na cidade tras aplicar a zona tensionada

O goberno local da Coruña incidiu na consolidación da "contención" do aluguer desde a...

Unha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o...

O colectivo de Vítimas do Franquismo da Coruña urxe a retirar a Manuel Fraga a distinción de fillo adoptivo

O colectivo de Vítimas do Franquismo da comarca da Coruña demandou ao goberno local...

Un monte de lixo acumulado impide sacar o corpo dun home do seu piso de Oleiros

O lixo acumulado por un home impediu sacar o seu cadáver tras falecer na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here