InicioA CORUÑACUAC FM renova a súa directiva e prepara CUAC TV para celebrar...

CUAC FM renova a súa directiva e prepara CUAC TV para celebrar o seu 29 aniversario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O 27 de marzo de 1996 nacía na Zapateira o proxecto de comunicación da cidade máis aberto e participativo. A CUAC FM 103.4, a Radio Comunitaria da Coruña. cumple este xoves 29 anos permitindo que calquera persoa poida ter o seu programa de radio, tanto na locución como na parte técnica.

A entidade celebrou o pasado sábado 22 de marzo unha histórica asemblea con máis de 70 persoas e 30 programas representados no Centro Universitario de Riazor. Nela aprobáronse unha serie de proxectos que marcarán o rumbo do proxecto no futuro próximo, como é a implantación de CUAC TV, unha ambiciosa iniciativa que permite emitir simultáneamente en vídeo de alta calidade e con realización de catro cámaras, polo de agora no Estudio Rafaela Hervada e pronto tamén no estudio José Couso.

Asemblea CUAC 22 03 25 grupo con pancarta 1

Así o explica Paula Alonso (na foto principail, enriba da M de FM coa camiseta de CUAC), a nova presidenta da Asociación coordinadora da emisora, actualmente tamén colaboradora en Radio Coruña, que agradece as subvencións da Deputación da Coruña para asociacións sen ánimo de lucro, que están permitindo sufragar investimentos que fan posible que esta radio sen ánimo de lucro e realizada ao cen por cen por voluntariado poda innovar de xeito continuado.
Lembran tamén os apoios por parte do Concello da Coruña e da Universidade, propietaria das instalacións nas que se ubica a radio.

Canteira de talento

Nestes 29 anos de vida teñen pasado polos micros da radio do pato profesionais da comunicación como Teba Chacón, agora en Radio Coruña ou Fernando Molezún de Radio Voz, Noelia Díaz de El Ideal Gallego, María Nieto. Tamén os populares Zapping, Antón Lezcano e Txuri Ferrer, que pasaron por Tvs como La 2 ou Antena 3, comezaron a súa experiencia na radio do Campus da Zapateira.

Noutras facetas podemos destacar a Lucía Veiga, actriz, Estíbaliz Espinosa, escritora e divulgadora, Silvia Penide e César de Centi cantantes, Fito Ferreiro concelleiro da cidade ou Manel Cráneo, director de Viñetas do Atlántico. Así poderíamos citar a moita máis xente que probou a experiencia de facer radio por pracer e que a día de hoxe lembra aquela etapa con moito agarimo. E nunca descartan regresar ás ondas.

Variedade de programas e persoas

Gracias á súa escola de radio, a emisora está continuamente formando a xente que desexa facer programas con temáticas do máis variado, como a propia sociedade. Dende Cultura Galega, a rallies, dende psicoloxía a música, pasando por humor (Vellenials é o programa máis escoitado da emisora, o programa de humor para a xente que non ten aldea) e tamén saúde mental, feminismo, dereitos humanos.

Son xa 495 programas diferentes dende que a emisora comezou en 1996.

Queres participar?

Dende CUAC FM ofrecen a posibilidade de formarse a sumarse ao proxecto escribindo a comunicacion@cuacfm.org. Tamén calquera negocio da cidade pode ser mecenas por só 40 euros ao ano.

Máis novas

CUAC FM estrea temporada con máis de 100 voluntari@s e as portas abertas

O documental de CUAC FM, en pantalla grande

‘Mulleres Afronte’, a arte feminina como ferramenta de transformación social

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

A CUAC FM celebra 27 anos de radio comunitaria

 

 

ÚLTIMAS

Besteiro chama a “reconquistar” concellos crave e fortalecer as candidaturas no Congreso Provincial da Coruña

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, foi proclamado de novo como secretario xeral...

O Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o seu “informe desfavorable” e que decide a Xunta

O Ministerio de Educación sostén que a comisión delegada do Consello Xeral de Política Universitaria (CGPU) emitiu en...

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

O Corufest 2025, festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, entregou este venres...

Traballadoras das tendas de Inditex deron a “benvida” a Marta Ortega á tenda de Juan Florez

Coincidindo coa visita de Marta Ortega á conmemoración da apertura da primeira tenda de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here