InicioCULTURAA CUAC FM celebra 27 anos de radio comunitaria

A CUAC FM celebra 27 anos de radio comunitaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O 27 de marzo de 1996 comezaban as emisións de CUAC FM no Campus da Zapateira. Unha radio Universitaria que pronto se transformaba en Comunitaria para dar cabida a toda iniciativa individual ou colectiva para realizar un programa de radio.

E como a comunidade radiofónica non puido celebrar o 25 aniversario por mor da pandemia, quere aproveitar este 27º aniversario para facer unha festa completa.

Será durante esta fin de semana de sábado 25, domingo 26, e luns 27 de marzo. O sábado 25 ás 10:34 da mañá, xogando co dial da emisora 103.4, quedará dispoñible en aberto na canle de Youtube da emisora e na súa páxina web o documental “Nada que ver. 25 anos de CUAC FM” dirixido por Iago Prada e que foi presentado o pasado ano no Teatro Colón da Coruña.

Ese mesmo sábado pola noite celébrase unha cea e a continuación a Gala dos “Oscuacs”, unha entrega de premios, con trece galardóns e con ambiente festivo para autopremiarse e festexar que a emisora segue viva, tras múltiples avatares.

O domingo chega o turno da música en directo. A actuación de Playa Desmayo na Sala Mardi Gras será ás 21:30 e toda a recadación do concerto será destinada á Cociña Econóomica. O dúo coruñés de garage punk surf foi elexida Mellor Banda local no XXIV Concurso de CUAC FM o pasado ano. A entrada custa 6€, ainda que se pode donar máis se se desexa.

Luns, o Día grande

O luns, día grande do aniversario será un momento emocionante. A emisora recoñece a labor de Rafaela Hervada, a primeira muller en toda España en dirixir unha emisora de radio, Radio Coruña. Uno novo estudio financiado pola Deputación da Coruña levará o seu nome, tendo dende agora tres estudios a emisora: José Couso. Alexandre Bóveda e Rafaela Hervada. Asistirán ao acto familiares da homenaxeada.

Certame

Un dos hgrandesNos seguintes días convocarase o XXV Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM.

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here