InicioA CORUÑABaixa, pero insistente, participación veciñal no primeiro taller temático sobre Coruña Marítima

Baixa, pero insistente, participación veciñal no primeiro taller temático sobre Coruña Marítima

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Semana chea de participación cidadá na Coruña. Pero se ben houbo gran participación no primeiro dos encontros por barrios sobre a nova rede de bus urbano, onte desenvolvíase no Palexco, cunha menor afluencia, o primeiro taller temático aberto no marco do deseño do futuro da fachada marítima da cidade.

Unha trintena de persoas, a maioría a título individual, (foron invitadas máis de 900 entidades…) participaba neste primeiro acto dedicado á “Economía e Innovación”, convocada pola Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria), para abrir o debate de tan trascendental proxecto urbanístico.

Participaron como invitados expertos da Universidade da Coruña, a Confederación de Empresarios, Cámara de Comercio, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e representantes dos polígonos industriais, entre outros. Pola UDC, asistiu o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Ángel Fernández, a catedrática e investigadora da Facultade de Informática Susana Ladra e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

Dende a Comisión deixaron clara a necesaria inversión privada e non quixeron abordar a polémica da débeda, a pesar da insistencia en solicitar a condonación que volveron propoñer representantes de Defensa do Común e Ergosfera, as entidades máis implicadas neste proceso de reurbanización tan transcendental. Así, reiteraron a importancia de afrontar canto antes este debate, pois a condonación que permitiría manter a titularidade pública do solo e evitaría o proceso de especulación coa vivenda.

Tamén houbo participación do sector produtivo, que deixou clara a necesidade de que o porto siga sendo un porto eminentemente pesqueiro.

Máis talleres abertos

  • O seguinte taller será o mércores 26 de marzo, no centro Hi Coruña, ás 17 horas,
    e abordará a temática “Mobilidade e transporte”.
  • Despois, os días 1, 2 e 3 de abril, tamén ás 17:00 horas, nestes casos no Palexco, terán lugar os últimos talleres, que tratarán sobre as seguintes áreas: “Equipamento e Usos” (1 de abril), “Actividade Portuaria” (2 de abril) e “Ecoloxía, Medio Ambiente, Auga e Enerxía” (3 de abril).

Máis novas

Gran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de bus urbano en Mesoiro

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

ÚLTIMAS

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

Evacuada en helicóptero unha muller de 85 anos tras ser rescatada inconsciente na praia de Mera

Os servizos de emerxencias rescataron e evacuaron en helicóptero medicalizado unha muller de 85...

Novas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Tralas alegacións respaldadas por máis de 5.800 presentadas pola veciñanza do barrio, tanto a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here