InicioSOCIEDADETralladoras de Atento saen á rúa en Juan Flórez contra a deslocalización...

Tralladoras de Atento saen á rúa en Juan Flórez contra a deslocalización do emprego de Movistar

Publicada o

Por editor

Nova concentración este venres das traballadoras e traballadores de Atento ás portas da empresa en Juan Flórez, para denunciar a política de deslocalización de Movistar e a destrución de emprego que isto supón nas empresas galegas.

O próximo martes, 1 de abril, a CIG ten convocadas dúas concentracións ás 12:30h na porta de Atento (rúa Juan Flórez) e ás 13:00h diante da tenda Movistar da Praza de Pontevedra, no marco da campaña en defensa dos postos de traballo nun sector que na cidade da Coruña dá emprego a máis de 3.500 persoas.

Destrución de emprego

“Nos últimos anos, Atento está destruíndo emprego na Coruña para levalo á plataforma que ten en Colombia. De case 1.500 postos de traballo quedan menos de 400, e esta práctica continúa”, advirte o secretario comarcal da CIG-Banca, Sergio Toucedo. A última decisión da empresa é a deslocalización do servizo de atención de avarías na quenda de noite.

“Este servizo, que hai máis de 25 anos que se atende exclusivamente dende A Coruña dando a posibilidade de atención en galego, pechará as súas portas de 24:00 a 07:00. A experiencia, antigüidade e calidade do servizo que prestaban compañeiros e compañeiras é deixada a un lado só polo interese de Atento de aforrar custos e aumentar os seus ingresos”, denuncia Toucedo.

Apunta á “complicidade necesaria” de Movistar nesta decisión, xa que, sendo a contratista dos servizos, “lonxe de preocuparse por dar unha atención diferenciada e de calidade, só lle interesa aumentar as súas arcas coas enormes facturas que cobran, investindo 0€ en atención ás persoas usuarias”. Unha situación similar dáse noutra gran empresa do sector na Coruña, ABAI, que pasou de contar con 1.000 persoas traballadoras en 2016 a ter na actualidade menos de 500.

Máis novas do conflito de Atento-Movistar

Atento pecha a quenda de noite no Centro da Coruña

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

ÚLTIMAS

As primeiras xornadas da folga no comercio de alimentación deixan “tendas e almacéns en mínimos”

As dúas primeiras xornadas de folga no comercio de alimentación da Coruña deixan "tendas...

Antiviolencia propón o peche de Riazor durante un mes pola invasión do campo ante o ascenso do Deportivo

A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no...

Xa chegan os buses a Xuxán

Agroman os edificios como cogumelos no barrio de Xuxán, e por fin as infraestruturas...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here