InicioCULTURAA Semana do Cinema Galego pecha con máis de 300 espectadores diarios

A Semana do Cinema Galego pecha con máis de 300 espectadores diarios

Publicada o

Por editor

A Coruña clausurou este fin de semana o V edición da Semana do Cinema Galego, unha celebración cinematográfica non competitiva que exhibe os títulos finalistas a mellor longametraxe e mellor documental dos XXIII Premios Mestre Mateo.

Un total de oito filmes foron proxectados no Teatro Colón entre o mércores 26 e o sábado 29 deste mes con “éxito de público”, segundo informa a organización. “Mantén a liña de edicións pasadas cunha media de 300 espectadores por xornada”, concreta.

Todas as proxeccións estiveron acompañadas por presentacións dos equipos dos traballos, que compartiron coas público anécdotas das rodaxes e experiencias. “Estes encontros favoreceron o intercambio entre cineastas e espectadores, facendo da Semana do Cinema Galego un espazo de reflexión e diálogo sobre a creación audiovisual galega”, concreta.

Os títulos exhibidos foron ‘Salvaxe, salvaxe’, de Emilio Fonseca; ‘As Neves’, de Sonia Méndez, Premio Mestre Mateo a Mellor Longametraxe; ‘Aurora’, de Area Erina; ‘Prefiro condenarme’, de Margarita Ledo; ‘+ Cuñados’, de Luís Avilés; ‘Filmei paxaros voando’, de Zeltia Outeriño, Premio Mestre Mateo a Mellor Documental; ‘Honeymoon’, de Enrique Otero e ‘Xustiza artificial’, de Simón Casal.

O V Semana do Cinema Galego está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual e conta co apoio do Concello da cidade herculina e da Deputación da Coruña.

 

Bea Villar e Belén Puime, finalistas nos Mestre Mateo: “Este ano é o ano das webseries”

ÚLTIMAS

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

Cunha concentración de veciños e veciños da Agra ás portas do Palacio de María...

Detido un home tras un apuñalamento nos Mallos

Un home foi detido por apuñalar outro durante unha disputa en A Coruña, segundo...

Galicia Design Week: Achegar o “bo deseño” aos ollos da cidade

A Coruña prepara a mirada para aprender do “bo deseño” na sétima edición da...

Cano incluirá A Coruña na súa xira estatal de 2027 co ‘Anais Tour’

A Coruña será unha das dez cidades da xira estatal de 2027 de Cano,...