Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites dixitalmente. O Concello reuniuse onte coa veciñanza da Cidade Vella nas instalacións de Casa Veeduría, para anuciar que as cámaras de control de acceso á Cidade Vella se activan o vindeiro luns, e que ademais, vén de abrir un novo portal no que poderán tramitar os permisos de acceso ás zonas reservadas para tráfico de vehículos autorizados (incluídos os residentes, os comerciantes con local na zona e as persoas que conten con prazas de garaxe na zona) na Mariña, O Parrote e Pescaría (ZBE Centro) e tamén na Cidade Vella.
A aplicación permitirá que as cámaras que controlan os accesos non sancionen aos vehículos autorizados. Durante un tempo, as ditas cámaras funcionarán só con funcións informativas e disuasorias e para control da área de Mobilidade e polo momento non sancionarán, mentres os usuarios non se adapten ao novo sistema.
A restricción dos accesos na zona era unha vella demanda dos residentes para preservar o espazo. O paso xa estaba restrinxido, mais búscase agora garantir o cumprimento das normas, explicou Rey, que recordou que ademais mantense a zona de estacionamento para
residentes no Oceanográfico.
Os vehículos de carga e descarga poderán acceder no horario habitual como viñan facendo ata o momento. E durante as
vindeiras semanas, os residente poderá comprobar que os seus vehículos están correctamente rexistrados e acostumarse ao novo sistema.
A tramitación destas autorizacións pode cumprimentarse en zbe.coruna.gal, e tamén pode empregarse a App Coruña, na que se incorpora un apartado para a tramitación das solicitudes de acceso a ZBE. As persoas usuarias poderán usar para o rexistro o certificado electrónico ou a cl@ve. Tamén poderán identificarse a través dun correo electrónico. Pero, neste último caso, o solicitante debe comparecer ademais nun rexistro municipal, biblioteca ou nas oficinas de Tarxeta Millennium para ser identificado previamente.
Abre a Casa da Veeduría, un novo espazo de uso público da Cidade Vella

