InicioCULTURAStarband leva o primeiro premio do Torre 67 Fest

Starband leva o primeiro premio do Torre 67 Fest

Publicada o

Por editor

A formación Starband foi a gañadora da primeira edición do Torre 67 Fest, o concurso de música moderna que organiza a Escola Municipal de Música.

Un concurso que trata fomentar, impulsar e dinamizar todas as actividades que se realizan no centro e amosar o traballo dos e das alumnas nas aulas. Participaron oito combos de música moderna e todos eles están integrados por alumnado da Escola. A formación gañadora representará este ano á área de música moderna na Gala da Escola de Música Municipal, que se celebrará o vindeiro 4 de abril no Teatro Colón.

Tras a deliberación do xurado, o primeiro premio foi para Starband, o segundo para Las Cookies e o terceiro para Jazzy Tower. Ademais, o público tamén puido votar a súa actuación favorita. O premio do público foi para Jazzy Tower.

Festival Torre 67 Fest

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here