InicioBARRIOSA veciñanza dos Mallos pide máis frecuencias nos buses urbanos

A veciñanza dos Mallos pide máis frecuencias nos buses urbanos

Publicada o

Por editor

O Centro Cívico dos Mallos acolleu onte pola tarde o segundo dos 11 encontros de barrio que o Concello pon en marcha no marco do estudo para a definición do novo modelo de autobús urbano.
Participaron a alcaldesa Inés Rey, e os concelleiros José Manuel Lage, Noemí Díaz e Montserrat Paz.

En total, máis de medio cento de persoas participaron no encontro, que contou cunha presentación por parte do equipo técnico do estudo do transporte urbano e unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.

Peticións e suxerencias

O distrito 4 conta con aproximadamente 37.132 habitantes articúlase en 13 liñas de autobús urbano (4, 5, 6, 6A, 11, 12, 12A, 14, 20, 22, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 32 paradas.
Durante o encontro, púxose de manifesto o interese polo proceso participativo, xa que máis do 60% eran do distrito 4. Ademais, o 46% das persoas asistentes declararon acudir a título persoal, fronte a un 26% que representaban entidades asociativas e un 18% a iniciativa empresarial.

A enquisa tamén permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados —e tamén os máis criticados— polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Nunha escala do 0 ao 10, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 7,5 puntos, seguidos da accesibilidade (4,9) e das liñas e paradas (4,6) e as marquesiñas (4,5).

As melloras

Os aspectos que recibiron unha valoración máis baixa foron a intermodalidade (3,6) e a frecuencia dos servizos (3,2), evidenciando puntos febles relevantes que urxen ser abordados no novo modelo de transporte, como se vén demostrando nos foros e no buzón aberto á cidadanía.

Neste sentido, a veciñanza identificou como ámbitos prioritarios de mellora a frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 28% das persoas participantes, seguida da intermodalidade con outros medios de transporte (18%) e a adaptación de liñas aos barrios e novos puntos de interese (18%). A accesibilidade e os prezos foron as cuestións sinaladas como non prioritarias a mellorar.

Máis encontros

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

As seguintes citas serán:

  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

ÚLTIMAS

A UDC destaca o apoio do pleno a Medicina: “Reforza a vontade de traballar na proposta”

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, mostrouse "moi satisfeito" polo apoio "unánime"...

Arrinca o Festival Mar de Mares: estas son todas as súas actividades

A duodécima edición do Festival Mar de Mares, que se celebrará ata o 15 de...

Máis control no consumo de alcol en menores na Coruña

Axentes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local puxeron en marcha un...

O longo pleno sacou adiante a nova Taxa Turística, a ordenanza das VUT e a de mobilidade sostible

Longo pleno en María Pita. Máis de 9 horas de pleno (cun par de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here