InicioSen categorizarADACECO: 25 anos traballando para axudar a vida das persoas con Dano...

ADACECO: 25 anos traballando para axudar a vida das persoas con Dano Cerebral Adquirido

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá celebrouse na Mariña un acto institucional de homenaxe aos 25 anos de historia da Asociación de Danos Cerebral da Coruña (ADACECO). Ducias de persoas formaron un número 25 xigante na explanada do Paseo, unha acción simbólica concibida para visibilizar o traballo da entidade.

O acto estivo presidido por Juan Luís Delgado, presidente da asociación, que estivo arroupado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, a alcaldesa, Inés Rey; a deputada provincial Yoya Neira; a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo.

25 anos Adadeco-Juan Luís Delgado
Juan Luís Delgado, presidente de ADACECO, agradecendo o acto

Todos loubaron o traballo para dotar ás persoas con dano cerebral adquirido dun servizo de coidado de primeiro nivel na cidade da Coruña. Porque con dano cerebral adquirido é un problema que afecta máis de 430.000 persoas e toda España, 7.000 en Galicia e máis dun milleiro na cidade da Coruña. De feito, esta enfermidade é a segunda causa de morte en homes e a primeira en mulleres.

Adaceco, que arrincou a súa andadura con Carmen Fernández Quiroga á fronte, conta, a día de hoxe, con máis de medio milleiro de socios e, a medio prazo, disporá de novas instalacións en Eirís, onde está en marcha a construción do seu novo centro de neurorrehabilitación, unha obra que arrincou a inicios de outubro.

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here