InicioBARRIOSDesmontan un punto negro de venda de droga en Penamoa

Desmontan un punto negro de venda de droga en Penamoa

Publicada o

Por editor

No marco da Operación “Micro” e na loita contra o narcotráfico a pequena escala na cidade, a Agrupación de Estupefacientes UDYCO-Coruña da Policía Nacional, detiñan onte a un home e unha muller como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.

O operativo púxose en marcha tras a información dos veciños do barrio de Penamoa, que describían as continuas visitas de persoas con aspecto de drogodependentes cara á residencia e breves encontros cos habitantes desta residencia.

Os axentes comprobaron a veracidade da información e despois de varios meses de investigación, onte realizaban un rexistro no domicilio e detiñan as dúas persoas. A Policía Nacional destaca as dificultades deste operativo, xa que varios cans vixiaban a parcela onde se atopaba a vivenda, requirindo o apoio de unidades policiais especializadas para realizar a entrada.

Como consecuencia deste rexistro, incautáronse de varias doses de cocaína preparada para a venda e cocaína rock (70 gramos en total), máis de 6.000 euros en metálico pola venda da droga e unha pistola de tiro en branco.

Deste xeito, desmantelouse un importante punto de distribución de drogas da cidade.

A Autoridade Xudicial ordenou o ingreso en prisión dun dos detidos.

ÚLTIMAS

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

O autor dun roubo con violencia fere a tres axentes da Policía Nacional

Tres axentes da Policía Nacional resultaron feridos na Coruña na madrugada do luns mentres...

O Palacio da Ópera acollerá o 40 aniversario de Duncan Dhu

A banda de rock Duncan Dhu, composta por Mikel Erentxu, Ruben Caballero, Mikel Azpiroz,...

O Concello esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas antes de xaneiro de 2026

O Concello da Coruña esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here