InicioA CORUÑAA Coruña, pioneira no estudo e abordaxe da asma

A Coruña, pioneira no estudo e abordaxe da asma

Publicada o

Por editor

Especialistas do Instituto Nacional de Asma Grave (INAG) alertaron desta doenza cunha prevalencia no 5 e o 10% das persoas con asma. Con motivo do Día Mundial da Asma, que se conmemora este martes, o INAG lembra que esta enfermidade respiratoria crónica afecta a dous millóns e medio de persoas en España.

“Dentro deste colectivo, preto do 4,9% vive con asma grave non controlada, o que condiciona de maneira severa a súa calidade de vida, autonomía e benestar físico e emocional”. “Galicia, cunha experiencia consolidada na abordaxe da asma grave, sitúase como unha das comunidades con maior desenvolvemento de Unidades de Asma Grave (UAG)“, engade.

Neste sentido, a doutora Marina Branco, neumóloga do Hospital Universitario A Coruña, coordinadora da Unidade de Asma Grave e presidenta da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR), subliña o impacto desta enfermidade. “A asma grave ten unha prevalencia no 5% e o 10% das persoas con asma, supondo aproximadamente o 50% do gasto farmacolóxico e do alto consumo de recursos sanitarios”, explica para incidir en que se caracteriza por precisar “varios medicamentos a doses altas e, en moitos casos, tratamento diario con glucocorticoides orais, con efectos secundarios significativos”.

UNIDADES DE ASMA GRAVE

Neste sentido, recalca o papel das Unidades de Asma Grave que permiten, engade, “un diagnóstico preciso, a detección de comorbilidades, a formación do paciente e o acceso a terapias biolóxicas innovadoras que supuxeron un gran avance”.

Pola súa banda, o doutor Luís Pérez del Llano, xefe do Servizo de Pneumoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e membro do INAG, destaca que “o galego con asma grave non presenta características diferenciais respecto ao resto de España, pero si conta cunha vantaxe: o acceso non restrinxido a todos os tratamentos biolóxicos e Unidades ben establecidas nos grandes hospitais da comunidade”.

ÚLTIMAS

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here