InicioSOCIEDADEUn milleiro de minicientífic@s encherán Santa Margarida polo Día da Ciencia na...

Un milleiro de minicientífic@s encherán Santa Margarida polo Día da Ciencia na Rúa

Publicada o

Por editor

Este sábado 10 de maio volve ao parque de Santa Margarida o Día da Ciencia na Rúa 2025, unha iniciativa organizada polo Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC, coa colaboración da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e a Deputación da Coruña.

Arredor dun milleiro de escolares, científicos e científicas que ofrecerán ao publico multitude de actividades e experiencias que conectan a ciencia e a tecnoloxía coa vida cotiá.

Nesta edición participarán 54 centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Carral, Arteixo, Cerceda, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Outes, Ribadeo, Miño, Ortigueira, Baio, Ribeira e Poio.

Oalumnado traerá os seus experimentos de todo tipo como o recoñecemento facial con Intelixencia Artificial, a descrición do corazón mediante téxtiles electrónicos, invernadoiros intelixentes, un modelo de satélite artificial ou numerosas aplicacións de robótica. Tamén se presentarán experiencias que combinan a ciencia coa arte ou a maxia, ilusións ópticas ou o son, así como sorprendentes proxectos sobre a creación de nubes, o Sistema Solar, foguetes ou a observación de células e microorganismos ao microscopio.

Tamén haberá numerosas actividades paralelas en torno ao edificio da Casa das Ciencias
ofrecidas pola Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica
Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturais e Deportivas universitarias), UDCiencia
d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo
de monólogos científicos da man de Ciencia Calidade a partir das 17.30 horas

Xornada de portas abertas nos Museos Científicos

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10 a 19 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium, ás 18.30 horas en Casa das Ciencias e Domus).

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.

Dia da Ciencia na Rua 2025-Coruna

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here