InicioSOCIEDADEA receita do pan de Carral pasa de xeración en xeración

A receita do pan de Carral pasa de xeración en xeración

Publicada o

Por editor

Este ano, a rapazada foi a gran protagonista da XXI Festa do Pan. Os talleres infantís foron unha das actividades máis agradecidas, permitindo que os máis pequenos aprendesen os pasos para elaborar esta delicia.

Carral continúa transmitindo así ás novas xeracións o seu secreto máis valioso: a fórmula para elaborar os seus afamados bolos.

As colas para participar nos talleres tamén se repetiron no punto de venda dos bocadillos cardiosaludables, feitos con pan de Carral, xamón serrano, tomate e aceite de oliva. Foron un total de 6.000 bocadillos vendidos ao longo da fin de semana.

Festa do Pan de Carral

A actividade na xornada inaugural da Festa do Pan, organizada polo Concello e a Asociación de Panadeiros, prolongouse duerante dous días, con especial protagonismo para a feira medieval, representacións de teatro por parte do alumnado do IES de Carral, espectáculos de zancudos e malabaristas e música a cargo do Grupo Ritmo, do Grupo Arnela de Carral e a Parranda Labradores (Lanzarote) e de América S.L.

CARRAL - FESTA DO PAN 4

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here