InicioSOCIEDADEO Parque de Santa Margarida convertido nun fervedoiro de talento científico xuvenil

O Parque de Santa Margarida convertido nun fervedoiro de talento científico xuvenil

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais da xornada de estudios Abertos, o sábado coruñés esivo marcado polo Día da Ciencia na Rúa. O Parque de Santa Margarida foi un fervedoiro de talento científico xuvenil. 54 centros educativos de toda Galicia (Coruña, Betanzos, Cambre, Carral,
Arteixo, Cerceda, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Outes, Ribadeo,
Miño, Ortigueira, Baio, Ribeira e Poio) trouxeron os seus experimentos, as súas curiosidades científicas, para contarllas a todas aquelas familias que quixeron pasar a aprender.

A iniciativa organizada polo Concello, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, reuniu a un milleiro de participantes, que traían todo tipo de singularides.

Dende programas de recoñecemento facial con Intelixencia Artificial, aádescrición do corazón mediante téxtiles electrónicos, invernadoiros intelixentes, un modelo de satélite artificial ou numerosas aplicacións de robótica. Tamén se presentarán experiencias que combinan a ciencia coa arte ou a maxia, ilusións ópticas ou o son, así como sorprendentes proxectos sobre a creación de nubes, o Sistema Solar, foguetes ou a observación de células e microorganismos ao microscopio.

Ademais do compromiso e o bo facer do alumnado (que importante ver unha rapaza de 15 anos contar con paixón que son as ilusións ópticas, ou a outro alumno de 14 explicando como funciona o sistema de medición de humidade da terra) cómpre agradecer o compromiso deses centos de profesorxs que empregan a súa xornada sabatina en acompañar ao seu ilusionado alumnado.

Ademais das numerosas iniciativas educativas, como é tradición, o Día da Ciencia na Rúa
acolleu un concerto especial da Banda Municipal de Música da Coruña, que deu por concluído con este recital o seu proxecto ‘Vai a Banda’, unha iniciativa municipal para achegar a formación aos alumnos e alumnas dos centros educativos.

Estudios Abertos: Descubrindo o talento dos creadores herculinos

ÚLTIMAS

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Especial fin de curso para a rapazada dos CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP...

O Museo de Belas Artes acolle xa a mostra que reivindica todo o universo creativo de Díaz Pardo

Inaugurouse onte no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra 'A barca de...

Interceptado ao volante en Arteixo sen carné e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

A Garda Civil investiga a un condutor de 38 anos de idade como presunto autor de dous...

Mobilízanse contra a OPA hostil do BBVA ao Banco Sabadell

Fartos estamos os ouvintes radiofónicos das leas entre bancos. E fartos están os profesionais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here