InicioBARRIOSEstudios Abertos: Descubrindo o talento dos creadores herculinos

Estudios Abertos: Descubrindo o talento dos creadores herculinos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Bonita e enriquecedora volveu ser a xornada de Estudios Abertos desenvolta este sábado na cidade. 39 espazos da cidade abriron as súas portas para que a veciñanza poidamos coñecer como traballan os nosos artistas. Unha xornada para descubrir eses lugares que adoitan ter a porta semiaberta e nos que sempre que pasamos por diante nos entra a curiosidade.

Pois precisamente saciar esa curiosidade, deixar pasar e contar o que fan e como o fan, é o sentido da novena edición destas xornadas, que arrincaban hai 10 anos no barrio de Monte Alto e que pouco a pouco foi recollendo o Concello con maior ou menor acerto. “Débome ao público, non tanto ás institucións”, recoñecían algúns artistas dando conta de que nesta edición houbo algún dos fundadores que non quixeron participar.

Precisamente o barrio de Monte Alto é un dos activos. O “soho” herculino acolle 14 dos 39 espazos, ideal para dar un paseo en familia e amosarlle ás crianzas como é a creación artística e os seus procesos.

Estudios Abertos 2025-Acefala
O local de Acéfala

Puidemos visitar o autonómo e activo espazo de Acéfala, que recollía as diversas obras de Juan Balay, Hadrián Parada, Cristina Veima e Lara Inglemo. Fixemos parada tamén no local da “albañil artesá” Carmen Soriano Pereda, que ademais das súas singulares vaixelas e bolas de xeso, convertiu a obra do propio taller nunha singular instalación.

Estudios Abertos 2025-Carmen Soriano
No taller de Carmen Soriano

Moi preto está o taller de Ali Ali, o artista e mestre sirio cuias obras urbanas tiznadas do mundo árabe impresionan de verdade.
Non faltou a cita Daniel Remeseiro, que compartiu este ano espazo, ademais de cos creadores e amigos do Grupo Exkombro (Ana Barranco, Fernando Páez e Ignacio Pardo) coa obra satánica do seu fillo Brais, nun dos locais máis impresionantes do barrio. Tiña neste colectivo o concello unha boa ocasión de poñer en valor o talento local usando os espazos céntricos da cidade.

Estudios Abertos 2025-Brais Remeseiro
Con Brais Remeseiro

Rematamos a mañá, antes de que o vermú xa comezara a amenizar as conversas entre artistas e as visitas, no Tigre de Monte Alto. O cinéfilo Roge Fdez., queridísimo polo seu alumnado, demostra o seu talento vinculado ao cine.

Estudios Abertos 2025-O Tigre de Monte Alto
O cinéfilo espazo do Tigre de Monte Alto

Así, celebramos unha nova xornada na que coñecemos mellor aos nosos creadores. Non foi unha xornada de grandísimas vendas, seguramente, pero si de visitas de amizades, de algún que outro encargo, ou de captar futurxs alumnxs.

Máis novas

Descubrindo as entrañas dos nosos artistas

 

ÚLTIMAS

O colectivo de Vítimas do Franquismo da Coruña urxe a retirar a Manuel Fraga a distinción de fillo adoptivo

O colectivo de Vítimas do Franquismo da comarca da Coruña demandou ao goberno local...

Un monte de lixo acumulado impide sacar o corpo dun home do seu piso de Oleiros

O lixo acumulado por un home impediu sacar o seu cadáver tras falecer na...

Primeira xornada de folga na Sanidade galega aderezada do “colapso grave e sostido” no CHUAC

Máis de 10.000 sanitari@s están convocad@s polo sindicato O'Mega hoxe mércores e mañá xoves...

A UNED Senior Coruña retoma o curso cunha visita ao Aquarium Finisterrae

Tralo parón de Nadal, un grupo de 35 alumnos da UNED Senior Coruña, acompañado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here