InicioSOCIEDADELembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a...

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa dimos conta da pantomima disfrazada de participación cidadá vivida o pasado venres no Espazo Avenida. A posta en común do “proceso participativo” (entre aspas) da Comisión Coruña Marítima deixaba fóra a representantes de varias entidades que certamente xa denunciaran que o proceso era un “fraude“.

Unah desas entidades, despois de analizar o documento dos “Novos Acordos Estratéxicos (9 de maio de 2025)”, que servirán de base para a redacción máster plan Coruña Marítima, volve lamentar que “omite aspectos fundamentales como os relativos á titularidade, xestión, dominios, débeda e marco de referencia, isto é, convenios, planeamento e instrumentos de ordenación, así como ao concurso e o seu procedemento”.

Defensa do Común sinala que “o centro multiusos xa figuraba no documento de bases sometido a consulta pública, e que a referencia ao transporte marítimo na ría é unha demanda contemplada na alegación subscrita por Defensa do Común e o concello de Oleiros”. Igualmente, indica que “a ampliación de usos productivos non portuarios, recollida no documento oficial baixo o concepto de “densidade poboacional”, non figura na normativa urbanística actual, circunstancia que, na práctica, pretende obviar a futura transformación urbanística facilitando con elo o uso residencial, tanto en metros cadrados construidos e de solo, como en densidade, vivenda e habitante”.

Finalmente, Defensa do Común lembra que “unha intervención tan trascendental para o futuro da cidade non é, dende a lóxica e o razonamento común, exclusiva ou primordiamente institucional, aínda que sexan os organismos oficiales os encargados de levala á práctica, pero debendo asumir as reivindicacións cidadáns porque trátase dunha cuestión que lexítimamente correspóndenos a todos”.

Máis novas

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

Piden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para o plan Coruña Marítima

Sumar Galicia reivindica “a orientación social e non especulativa” do plan Coruña Marítima

Alertan que o documento-base da reforma portuaria prevé privatizar o solo de San Diego e non só para uso residencial

ÚLTIMAS

A Coruña acolle a VII Semana do Cinema Galego con oito proxeccións gratuítas

A cidade da Coruña dará comezo este martes, 7 de abril, á VII Semana...

A Audiencia da Coruña xulga un home acusado de recibir drogas por correo para a súa distribución

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará este mércores, 8 de abril,...

Detida unha muller en Culleredo como presunta autora dun delito de furto de xoias, por valor de 10.000 euros

A Garda Civil de Culleredo detivo a unha muller como presunta autora dun delito...

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here