InicioA CORUÑASumar Galicia reivindica "a orientación social e non especulativa" do plan Coruña...

Sumar Galicia reivindica “a orientación social e non especulativa” do plan Coruña Marítima

Publicada o

Por editor

A apenas 4 días do remate do prazo para a presentación de alegacións, e despois de varias xornadas abertas de baixa participación, e despois das propostas do BNG, é o Movemento Sumar Galicia o que presenta as súa liñas argumentais diante das Bases Estratéxicas do proxecto Coruña Marítima.

Sumar reivindica “a orientación social do proxecto”, destacando “a oportunidade que se presenta na cidade para o fomento do benestar social e a construción da cidade arredor da xustiza social e da xustiza espacial”.

Son 3 os eixes sobre os que debulla as súas inquedanzas:

1. “Velar pola construción social e non especulativa da cidade”

O grupo pide que o documento indique que se “promoverá o uso público dominante dos espazos liberados para evitar a especulación inmobiliaria e os seus efectos de exclusión social”. Para iso considera necesario implementar medidas baseadas no concepto da “cidade dos 15 minutos”, “garantindo o acceso universal e libre da cidadanía a tódolos espazos resultantes do proxecto desde tódolos barrios”.

Piden incluír “corredores ecolóxicos para fortalecer a resiliencia climática e protexer o borde marítimo”, ademais de deseñar un proceso de “participación cidadá real e vinculante, que vaia mais aló da mera consulta, vinculándose directamente coa toma de decisións de forma integral e deliberativa; en audiencias públicas, talleres interactivos e mecanismos avanzados de co-deseño”.

Para iso propón a creación dun “Consello Social do Frente Litoral que brinde unha voz efectiva e autónoma, vinculada ás asociacións veciñais, aos ámbito da pesca e do resto das actividades produtivas do porto xunto coa representación da sociedade civil, académica e profesional da cidade e da súa área de influencia”.

2. Asegurar o dereito á cidade.

Consideran fundamental protexer “o emprego vinculado ás actividades portuarias non molestas nin perigosas”, pero sobre todo, asignar “unha parte dos terreos para vivenda de promoción e titularidade pública en réxime de alugueiro, preferentemente destinada a xoves e maiores, a estudantado universitario e a grupos vulnerables, para actualizar a oferta residencial e alivien a crise habitacional da cidade, universalizando o dereito á vivenda”.

Nese sentido apunta a necesidade de establecer “mecanismos xurídicos claros que garanticen a titularidade pública do solo da área portuaria e a doada reversión de calquera tipo de concesión que neles se puidera dar”.

Apuntan ademais á “potenciación do bordo portuario como interface da conectividade local e supra municipal, ofrecendo a adecuada resposta a unha mobilidade colectiva e sustentable que minimice os actuais conflitos derivados do uso intensivo e persoal do automóbil”.

3. Definir un modelo social de financiamento e gobernanza.

O colectivo pide tamén superar o convenio de 2004, e rexeitar así “modelos de financiamento baseados na venta de espazos ou outros activos públicos para cubrir os custos da operación ou o financiamento do porto exterior”.

Con todo, considera que debería ser “un consorcio público, liderado pola Cidade a través do seu Goberno Municipal e en necesaria cooperación cos demais concellos metropolitanos implicados por esta interacción Porto-Cidade”, e aberto á participación o que lidere este proxecto destinado a mellorar os servizos públicos da cidade.

 

Máis novas do Coruña Marítima

O BNG esixe a condonación da débeda e o mantemento da titularidade pública dos peiraos no Plan Coruña Marítima

 

 

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here